Categorías: Actualidade

Gonzalo Caballero urxe á Xunta un “escudo habitacional” para protexer á cidadanía tralo “desastre” das políticas de Feijóo: “Só 2 vivendas protexidas en 2018 e agora anuncia só 76 vivendas para familias vulnerables”

O voceiro de Economía do PSdeG na Cámara galega sinala que, mentres o goberno de España inviste 350 millóns de euros en políticas de vivenda para Galicia, o goberno da Xunta “nin está nin se lle espera”

O responsable socialista destaca que “o único que lle preocupa ao PP é repetir o mantra de que hai que baixar impostos”, pero “é grazas aos fondos públicos” como hai Bono Xove de aluguer, rehabilitación de vivendas e aluguer social

O voceiro de Economía do Grupo Socialista, Gonzalo Caballero, pediu hoxe á Xunta un “escudo habitacional” como “elemento fundamental dun escudo social” para protexer á cidadanía “ante os tempos que veñen por diante”. Fíxoo, no Pleno do Parlamento, durante unha interpelación á conselleira de Vivenda para urxir un plan de medidas excepcionais para mitigar o impacto das consecuencias derivadas da guerra en Ucraína.

Nun momento de “gran complexidade” no que Galicia está sumida nunha “espiral inflacionista”, o dirixente socialista sinalou que “é máis necesario ca nunca” crear un “escudo social para protexer ao conxunto da cidadanía”, polo que demandou ao Executivo galego un paquete de medidas excepcionais.

“Mentres o goberno de España compromete en Galicia 350 millóns de euros para política de vivenda; o goberno da Xunta, no momento de maior crise, anuncia 6 millóns de euros de dedicación para poñer un incremento de 100 euros –do bono social térmico- e di que todo está perfecto, que o goberno da Xunta non vai facer nada máis e que a política da vivenda do PP é como a política económica de Feijóo: nin está nin se lle espera”, lamentou o socialista.

Nesta liña, Gonzalo Caballero cualificou a política de vivenda do PP como “un desastre ao longo da última década”, evidenciada por uns números “incontestables” como o número de vivendas protexidas construídas polo goberno galego que “co PP foi cara abaixo”, xa que “non houbo ningún tipo de xestión”. Tanto é así que, no ano 2018, censurou, a Xunta só construíu 2 vivendas protexidas en toda Galicia e “agora anuncia só 76 vivendas para familias vulnerables”.

“OS FOGARES GALEGOS ESTÁN APRETADOS”

“Se fala da política de alugueiro, máis do mesmo: simplemente escapismos e ningunha concreción”, criticou o portavoz socialista, quen urxiu á Xunta “responsabilidade” para abordar estes “momentos difíciles” nos que, segundo o IGE, o 51% das galegas e galegos di que chegan a fin de mes “con dificultades”, 52.000 familias en Galicia piden axuda ás súas familias para chegar a fin de mes ou 17.000 familias teñen que renegociar os seus créditos e hipotecas.

“Os datos que temos de política social son preocupantes”, alertou Gonzalo Caballero, quen pediu ao Executivo galego “poñer o foco na necesidade de vivenda” cando agora mesmo “os fogares están apretados e moitos estanse vendo obrigados a ter que tomar medidas” como usar menos calefacción, aforrar no subministro da luz ou deixar de mobilizar o coche.

O PP “NON TEN ORIENTACIÓN NIN RUMBO”

Con todo, o responsable socialista sinalou que o goberno do PP “non ten nin orientación nin rumbo”, tanto é así que “o único que lle preocupa é repetir o mantra de que hai que baixar os impostos”, o que deixa patente unha “política do cinismo”, xa que “a Xunta pode facer políticas sociais, de vivenda ou medio ambientais, grazas aos fondos públicos que recada o Estado grazas aos impostos”.

“Con vostedes e sen impostos, non habería unha soa moza ou mozo galego que se puidese emancipar coas axudas ao alugueiro” que puxo en marcha o goberno do Estado, sentenciou.

Neste marco, o socialista criticou que a conselleira “veña aquí a laiarse de que baixemos o prezo dos combustibles”. “Quedo perplexo de que a conselleira veña abrazarse aos poderes enerxéticos, ás gasolineiras, en vez de recoñecer o que saben 2.700.000 galegos, que hoxe cando enchemos o combustible, pagamos 20 céntimos menos por litro de carburante grazas a que hai un goberno do estado que ten impostos e recada fondos para poder pagar as cousas”, espetou o socialista.

REIVINDICA O PLAN DE CHOQUE

Ao fío disto e fronte a inacción da Xunta na resposta á crise derivada da guerra de Ucraína, Gonzalo Caballero reivindicou o plan de choque executado polo goberno de España que permite, entre outras cuestións, a bonificación de 20 céntimos nos combustibles, un límite na suba dos alugueiros de ata o 2%, o incremento do Ingreso Mínimo Vital nun 15%, medidas de protección do emprego ou extensión a do bono social eléctrico para as familias en situación de vulnerabilidade.

Por último, o dirixente socialista recoñeceu a “tarefa, traballo e dedicación” do deputado Juan Carlos Francisco Rivera, voceiro de Vivenda do Grupo Socialista e impulsor da iniciativa hoxe defendida na Cámara galega. “Servidor do público con compromiso e con criterio que cría e cre no país e en Ourense”, concluíu.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Patricia Otero esixe “tódalas garantías para o medio ambiente” no proxecto de Altri

Subliña que “fronte aos vetos cruzados, queremos industria, emprego e respecto ao entorno”   A parlamentaria socialista Patricia Otero esixiu…

21/05/2024 18:02

Nicolás González Casares denuncia o desleixo da Xunta diante da caída da produción marisqueira en Galicia

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo mantén un encontro en Barbanza para analizar a situación das rías de Arousa…

21/05/2024 17:04

O Grupo Socialista promove unha declaración institucional para que o Parlamento condene o ataque sen precedentes de Milei ao Goberno español

Elena Espinosa pídelle a Rueda que estea á altura do seu cargo e lémbralle que o presidente arxentino comezou o…

21/05/2024 16:15

Julio Abalde lamenta que o PP vote en contra de pedirlle á Xunta que axude aos mariscadores da Ría do Burgo

Reclamoulle á Xunta que garanta a supervivencia das 100 familias afectadas pola rexeneración da ría mentres dura o proceso de…

21/05/2024 12:56

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta unha ordenación axeitada da eólica para que Galicia non perda a oportunidade de liderar a transición enerxética

A voceira de Industria e Enerxía, Patricia Iglesias, sinálalle ao Goberno galego a necesidade de facer das renovables “unha prioridade…

19/05/2024 15:29

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38