Categorías: Actualidade

Noa Díaz insta á Xunta a establecer límites aos programas de humor da CRTVG: “Determinadas prácticas da TVG están moi superadas nos modelos de TV actual”

Censura a ridiculización de testemuños informativos de persoas que non  prestaban o seu relato para fins humorísticos e remite á lei de medios públicos que establece como un dos seus principios “o respecto á dignidade”

A deputada socialista Noa Díaz vén de instar á Xunta a establecer límites aos programas de humor da CRTVG cando “determinadas prácticas da televisión de Galicia están moi superadas nos modelos de televisión actual”.

“Asistimos ás veces a certo bochorno ao ver como os nosos medios públicos que ridiculizan comportamentos de concidadás e concidadáns no fondo só por cuestións culturais, atreveríame a dicir que moi ao contrario: por descoñecemento da nosa cultura, das nosas xentes e mesmo do noso idioma”, sinalou a responsable socialista.

Así, a responsable socialista denunciou unha “parodia de mal gusto” realizada no Twitter da TVG que, camuflada baixo “un xogo”, en realidade “pretendía que o público a costa das veciñas e veciños que prestaron desinteresadamente o seu testemuño unicamente para a elaboración de informacións”.

Díaz censurou que dirección da CRTVG “non entenda que o xogo proposto con informacións dos servizos informativos é unha falla de respecto para con esas persoas por canto pretende facer mofa con algo que non o é”, xa que “narraron a súa experiencia diante dos micrófonos dos informativos, non de programas de humor”.

Malia que isto, sinalou “era unha práctica habitual dos programas de humor hai décadas, hoxe é un modelo máis que superado e afortunadamente estes clichés están máis que superados, ou estaban”.

Finalmente, Díaz criticou que na TVG “é bastante recorrente utilizar clichés machistas” e lembrou que a lei de medios públicos establece “como un dos seus principios inspiradores o respecto á dignidade humana, á honra, a intimidade persoal e á propia imaxe”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04