Categorías: Actualidade

Noa Díaz esíxelle á Xunta que poña “tódolos medios ao seu alcance” para “impedir que os Franco poidan trasladar os BIC de Meirás”

A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Noa Díaz, presentou unha iniciativa parlamentaria para esixirlle á Xunta que faga valer a especial protección dos bens declarados BIC depositados no Pazo de Meirás. Urxe ao goberno galego a empregar “tódolos medios ao seu alcance” para impedir que a familia Franco traslade os bens que dispoñan deste tipo de protección, así como os de especial importancia patrimonial.

Sinala que “mentres que a xustiza actúa, a Xunta de Galicia debe preservar este patrimonio e garantir que vai permanecer no noso territorio apelando á especial protección á que está sometido”. Díaz advertiu que “non se pode permitir que a familia Franco, autora do maior espolio da nosa Historia, pretenda facerse co patrimonio do Pazo, que nunca foi seu e si de todos os galegos e as galegas”.

Lembra que os Bens de Interese Cultural –BIC- “están sometidos á protección da Lei de Patrimonio Cultural de Galicia 5/2006, e concretamente a Xunta de Galicia debe garantir a súa protección, o que pasa por impedir a súa mobilidade”.

Sinala así ás estatuas de Abraham e Isaac, que son bens recoñecidos como BIC, así como os máis de 3.000 libros da biblioteca de Emilia Pardo Bazán, e outros bens, como as dúas pías bautismais do século XII, que pertencen á igrexa románica de San Xián de Moraime –Muxía-.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08