Categorías: Actualidade

Noa Díaz esixe a recuperación ambiental da antiga mina de Casalonga

A parlamentaria socialista Noa Díaz reclamoulle hoxe á Xunta que poña en marcha a “recuperación ambiental en toda regra” do espazo ocupado pola antiga mina de Casalonga. Díaz presentou unha pregunta oral na que lle esixiu ao goberno galego que “se deixen de experimentos que só benefician intereses económicos, pero que en nada reverten no benestar da veciñanza”.

A responsable socialista, que acompañou á Plataforma de veciños afectados na súa concentración de hoxe ante o Parlamento para reclamar o peche definitivo da explotación e a recuperación medioambiental da zona. Alertou fronte a un “erro que será irreversible” e reclamou “unha nova Declaración de Impacto Ambiental que recolla o que hoxe é a Casalonga: un espazo verde cun ecosistema asentado”.

Advertiu de que o goberno galego, logo de “botar para atrás” dous plans de restauración previos, “agora pretenden aprobar con nocturnidade e alevosía un que presenta unha Declaración de Impacto Ambiental do século pasado”. En realidade, dixo, trátase dun documento “igual aos anteriores, coas mesmas eivas medioambientais que fixeron caer aos precedentes”.

Lembrou que existe un informe da Dirección Xeral de Calidade Ambiental de xullo de 2020 que “conclúe a non necesidade de modificar a DIA, mentres Minas sinalaba en outubro que “non era necesaria exposición pública, coma se en 20 anos aquela canteira non cambiara nada”. “O último que existe neste expediente –engade- é unha proposta de resolución do xefe provincial de Minas propoñendo a aprobación do plan de restauración e un aval a Toysal omitindo a participación pública”.

Esta última proposta foi emitida en xaneiro deste ano, pero “afortunadamente aínda sen asinar, entendo que polo que pode supor aprobar tal barbaridade”. Advertiu que “mentres toda a xurisprudencia fala da necesidade dunha maior participación pública nos asuntos medioambientais, Minas e Medioambiente pretenden aprobar un plan de restauración da forma máis opaca posible”,. e alertou de que “nos tememos que a aprobación a fagan o 15 de agosto”.

Noa Díaz explicou que 20 anos despois “este xa non é un espazo mineiro”, senón dúas lagoas nun entorno que conta con 73 taxóns identificados de plantas vasculares, outros tantos de animais invertebrados e ata 24 vertebrados, constituíndo “un ecosistema propio e completamente asentado”.

Pola outra banda, o abandono das instalacións “está a provocar o inicio dun vertedoiro incontrolado de residuos nas parcelas da canteira, por non falar do déficit absoluto de seguridade na zona, cunha absoluta inacción por parte do Goberno que resulta de todo punto inexplicable”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18