Categorías: Actualidade

Noa Díaz esixe a dimisión do alcalde de Vilanova polos insultos machistas contra a presidenta da Deputación de Pontevedra polos que foi condenado

A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, reclamoulle hoxe a PP e goberno galego que “inviten a dimitir” ao alcalde de Vilanova de Arousa, logo de ter sido condenado pola Audiencia Provincial de Pontevedra polos seus insultos machistas contra a presidenta da Deputación de Pontevedra, á que cualificou “chacha para todo”. Díaz presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento na que denunciou o “cinismo” de Feijóo e do PP neste sentido.

A responsable socialista acusou a PP e Xunta de “vir aquí con discursos feministas” ao tempo que eluden pedir desculpas á presidenta da Deputación, o que os sitúa como “mostra do maior cinismo que existe nesta materia”. Advirte de que deste xeito convértense en “cómplices dunha ideoloxía patriarcal que segue a considerar ás mulleres como persoas ao servizo dos homes, estamos fartas de tanto machismo”, remachou.

A responsable socialista lembra que, segundo a sentenza, as declaracións do alcalde “atacan” á presidenta da Deputación “pola súa condición de muller, cuestión esta que non pode ser amparada polo seu dereito á liberdade de expresión”. Lamenta que o rexedor “lonxe de rectificar, continúa reafirmándose nas súas declaracións, que considera lícitas e ameaza con pedir amparo ao Tribunal Constitucional e mesmo ao Europeo”.

Puntualiza que “que non nos sorprendan esas declaracións non significa que non pensemos que deben ser obxecto de condena” porque son “actitudes machistas e clasistas absolutamente inaceptables que indignan a todas as mulleres”. Sinalou que ata o día de hoxe “botamos de menos unha manifestación pública contundente de rexeitamento por parte do PP, e por suposto das deputadas do PP nesta Cámara, das que nada soubemos”.

Sinala que “referirse como “chacha e tentar normalizar ese termo despectivo para identificar a unha muller sometida é propio do máis rancio clasismo e dun machismo exacerbado”. Sinala que a presidenta da Deputación de Pontevedra “é unha muller coa mesma lexitimidade no posto que ostenta que os outros tres homes homólogos nas outras tres provincias galegas” e, engadiu, “debe estar facéndoo moi ben á vista dos ataques que recibe”.

Aludiu así ás acusacións contra a mesma presidenta provincial xa en 2016 de novo por parte dun concelleiro do PP, daquela do concello de Moraña, chamándoa “mala zorra” e “sinvergüenza”, e reclamou que “en vindeiras ocasións, que nos tememos lamentablemente haberá, sexan máis dilixentes na resposta de rexeitamento”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18