Categorías: ActualidadeNovas

Noa Díaz denuncia a situación “agónica” do CHUS cunhas listas de agarda “dramáticas” pola súa “deficiente xestión e a falla inexplicable de recursos”

Noa Díaz pídelle a Feijoo “que deixe de sacar peito con novos investimentos en equipamento cando o que ten que facer é dotar ao centro de máis persoal”

A deputada compostelá do PSdeG, Noa Díaz, e o voceiro de sanidade socialista, Julio Torrado, anunciaron hoxe unha batería de iniciativas para esixirlle ao goberno da Xunta que elabore, antes de que remate o ano, un plan para dar solución á negativa evolución das listas de agarda no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). Nunha comparecencia ás portas do hospital Clínico, os parlamentarios reclamaron que, neste obxectivo, se preste especial atención ás especialidades que se atopan nunha peor situación.

Noa Díaz expresou a súa “fonda preocupación” pola deficiente xestión dun complexo hospitalario que, “no canto de ser referencia en Galicia, se sitúa á cola con respecto a outros no que se refire ás listas de agarda”. “Esa xestión deficiente e a falla inexplicable de recursos”, alerta a deputada socialista, “están poñendo o CHUS e a área sanitaria de Santiago e Barbanza nunha situación agónica á que, de non poñerlle solución inmediata, terá moi complexa resolución”.

O exemplo máis evidente desta situación son os datos das listas de agarda feitos públicos este verán e que “de novo sitúan ao CHUS nun lugar dramático”. Así, recalca que son case 32.000 persoas as que se atopan nesas listas, o que supón un 20 % máis que o ano pasado (en concreto, 5.112 doentes máis). A parlamentaria compostelá tamén puxo de relevo que hai pacientes que teñen que agardar máis de catro meses e medio para facer unha proba diagnóstica.

Neste contexto, Noa Díaz lembrou que “onte o presidente da Xunta paseou por este centro para sacar peito acerca dos investimentos en equipamento”. “Nós o que dicimos”, recalcou, “é que o mellor equipamento dos  hospitais é sempre o persoal e que o que ten que facer é dotar de máis recursos humanos aos centros para que haxa alguén que poida manexar esa nova tecnoloxía e rematar dunha vez por todas con esa agonía que teñen que padecer miles de cidadáns e cidadás da área sanitaria de Compostela”.

O CHUS, Á COLA DE GALICIA

Na súa intervención, os representantes socialistas debullaron os datos das listas de agarda na área sanitaria.

Así, segundo os números de 2021, o tempo de agarda para cirurxía é de 71,9 días, unha cifra mesmo peor que a media en Galicia. Xa por centros de referencia, no CHUS hai na actualidade 7.200 persoas agardando por unha operación, duplicando os tempos de espera (73 días) en Lugo e triplicando os de Ferrol. Á súa vez, Barbanza móstrase como o hospital comarcal de toda Galicia que ten os peores datos en cirurxía, cunha espera de 59,4 días.

Xa por especialidades, na lista de agarda para cirurxía o CHUS ten a máis alta de toda Galicia en Neurocirurxía (132 días) e a segunda máis alta en Xinecoloxía (52,8 días). As persoas pendentes dunha cirurxía pediátrica terán que agardar no CHUS unha media de 86,7 días, e dunha cardíaca 89,9 días.

Na listaxe de agarda para consultas externas no CHUS hai na actualidade 14.659 persoas, cunha media de 31,3 días, con esperas de 7,9 días en Obstetricia, a máis longa de toda Galicia; 31,4 días en Pediatría, ou 12,5 en Radioterapia, por riba da media de Galicia.

Tamén na listaxe de probas diagnósticas a espera no CHUS é inasumible, cunha media de 31,4 días para a realización dunha radioloxía mamaria, 72,7 días para un TAC, 51,1 para unha resonancia magnética, 31,8 para unha ecografía mamaria ou 31,5 días para unha eco de cardioloxía.

COMPARATIVA

Xa comparando con anos anteriores, na especialidade de neurocirurxía o CHUS atópase hoxe nun lugar considerablemente peor na listaxe de cirurxía, cunha media de agarda actual de 132 días cando hai un ano era de 105,9 e en 2019 de 65.

Con respecto a 2019, en xinecoloxía incrementouse a espera en Santiago nun 52 %; en pediatría nun 163 % e en cirurxía cardíaca un 120 %. Na listaxe de consultas externas os datos comparativos son realmente alarmantes, como por exemplo en radioterapia, que se pasou dunha espera de 2,9 días en 2019 a 12,2 este ano.

A XUNTA NON OFRECE OS DATOS REAIS DE AGARDA

Noa Díaz lembra ademais que a denuncia do estado das listaxes de agarda no Sergas é algo recorrente cada ano por parte de asociacións de doentes, profesionais, sindicatos e grupos políticos da oposición.

En calquera caso matiza que se trata dunha denuncia realizada unicamente cos datos que se fan públicos, os da listaxe de agarda estrutural, pero que silencia a cifra real de doentes que agardan para ser atendidos no sistema público galego de saúde, incumprindo así a normativa que di que en certos supostos se pode perder a garantía de atención, pero o doente continuará na listaxe.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18