Categorías: Actualidade

Noa Díaz critica a “pasividade” da Xunta cara a centros que se publicitan como universidades con titulacións oficiais en Galicia

Traslada a súa “preocupación” con respecto á Universidade LiberQuaré, con sede académica en Santiago de Compostela, e que manifesta impartir “máis de 70 titulacións con validez oficial” en Galicia

A voceira de Universidades, Noa Díaz, critica a “pasividade” da Xunta cando agroman centros formativos en Galicia que se publicitan como universidades privadas con titulacións oficiais. Fíxoo, hoxe, na Comisión de Educación do Parlamento, a través da presentación dunha pregunta ao goberno galego.

Díaz trasladou a súa “preocupación” polo que “parece converterse xa nunha moda, como é a proliferación de universidades privadas e o escaso control que parece existir sobre elas” por parte da Xunta. Así, a responsable socialista sinalou “o caso da Universidade LiberQuaré, que ten en Santiago a súa sede académica e, en México, a administrativa; e que se autodenomina ‘universidade de vangarda internacional que ofrece unha formación presencial a distancia’”.

Así, censurou que, na actualidade, “esta ‘universidade’, que leva anos asentada en Galicia, manifesta contar con sete facultades nas que se imparten, segundo eles mesmos sinalan, ‘algo máis de 70 titulacións, todas elas con validez oficial e en todos os niveis educativos universitarios’”.

A responsables socialista destacou que “non hai nada que obxectar aos títulos que poida ofrecer unha academia ou un centro de formación, pero non se pode enganar” á cidadanía “outorgándolle un rango que non lle corresponde”, xa que “non son títulos oficiais nin recoñecidos nin homologados” en Galicia.

Neste senso, incidiu en que “aseguran ter asinado un convenio marco coa Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, cuxo contido descoñecemos”. Así, lamentou que “a opacidade que rodea esta suposta universidade é tal que a este grupo parlamentario lle foi imposible dilucidar a validez dos seus títulos, se estes se homologarían no noso país ou no estranxeiro ou cal é o seu claustro de docentes”.

Así a todo, sinalou Díaz, “coa lei do SUG na man, e de acordo ao seu artigo 32 que obriga á inspección por parte as autoridades e á avaliación da SUG dos centros que impartan en Galicia títulos estranxeiros, moito do que afirman non ten cabida no noso marco legal: nin o referido ao profesorado, nin o referido á validez ou oficialidade dos seus títulos. A propia Universidade LiberQuaré afirma que o seu profesorado se nutre “na súa maioría de docentes que prestan o seu servizo en Universidades do Sistema Universitario Galego” e di ser un ‘centro estranxeiro autorizado’”.

Por todo isto, Díaz pediu á Xunta que exerza “a potestade que ten encomendada” de controlar e inspeccionar esta clase de centros “que non fan máis que enganar ao seu alumnado”.

Por último, a voceira socialista reafirmou o compromiso dos socialistas galegos coa universidade pública, incidindo en que “o PSdeG non está en contra de iniciativas privadas, pero sempre e cando estes respecten a estrita legalidade, conten co respaldo das SUG e non xeren disfuncionalidades coas tres universidades públicas galegas”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04