Categorías: Actualidade

Negativa da Xunta a colaborar na recuperación dos galegos asasinados no Cárcere de San Cristóbal

A responsable de Cultura do Grupo Socialista, Concepción Burgo, acusou hoxe ao goberno galego de negarse a colaborar co Proxecto Ezkaba, iniciado polo Goberno de Navarra para recuperar e identificar ás vítimas do penal do Forte de San Cristóbal. No debate dunha proposición non de Lei lembrou que aquela prisión albergou a máis de 700 presos políticos galegos durante o franquismo.

Burgo lamentou a falla de compromiso do PP e do Goberno galego cos familiares dos galegos represaliados ao rexeitar esta iniciativa que tan só pedía “dirixirse ao Goberno de Navarra e ofrecerlle toda a colaboración necesaria para desenvolver o Proxecto Ezkaba, especialmente para localizar aos familiares dos presos galegos”. A responsable socialista criticou que a Xunta “non queira nin sequera levantar o teléfono para chamar a Navarra e ofrecer axuda”.

Salientou o longo traballo daquel Goberno para restaurar a memoria dos represaliados, que cristalizou en marzo do ano pasado nun encontro para conmemorar o 80 aniversario da fuga de 800 reclusos que intentaron chegar a Francia, á que só sobrevivirían 3. A Xunta renunciou a participar daquel encontro no que estiveron 13 comunidades autónomas, a pesares de que a dita fuga fora liderada entre outros por un galego, Antón Valadares.

Advertiu que “Galicia non pode estar aparte” desta iniciativa para “honrar á memoria de moitos galegos e galegas”, que quere entre outras cousas identificar a tódolos presos de San Cristóbal, unha labor na que o goberno galego pode axudar e moito localizando ás súas familias e recabando o ADN que permita identificar aos falecidos.

A pesares do desinterese manifesto polo PP e o Goberno galego, Burgo si que sinalou o interese amosado por colectivos galegos, que “levan moitos anos colaborando con esta iniciativa”, e apuntou á mostra exposta no Pazo de Fonseca en 2015. Naquela mostra foron amosados os resultados do traballo do equipo que estuda o Forte e no que están integrados entre outros os concellos de Santiago e Pontevedra ou un grupo de investigación das universidades galegas.

Burgo acusou ao goberno galego de “non ter feito nunca nada pola Memoria Histórica” máis alá de “meras intencións postas nun papel”, e subliñou a “preocupación brutal” que provocan estas posicións políticas, sinaladamente “co que temos no PP nacional e andaluz” e os seus acordos coa “estrema dereita de Vox”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08