Categorías: Actualidade

Martín Seco urxe á Xunta a poñer en marcha un Plan de Recuperación do Viñedo na zona do sur de Lugo afectada pola tormenta de saraiba

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Martín Seco, anunciou hoxe unha batería de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Xunta que poña en marcha un Plan de Recuperación do Viñedo nas zonas máis afectadas pola tormenta de saraiba rexistrada onte no sur de Lugo. Reclama á Xunta que actúe con rapidez para axudar aos viticultores e ás adegas afectadas.

O Grupo Socialista reclama axudas directas aos afectados, e engade que “tampouco é descartable que despois de analizar a situación puideran ter que pedir a declaración de zona catastrófica nas zonas afectadas, sinaladamente nos viñedos de San Fiz, Belesar e parte de Sabadelle. Seco reclamou apoio para os viticultores afectados por un fenómeno meteorolóxico que arruinou unha das mellores colleitas dos últimos anos en parte de Chantada.

Logo dunha tormenta como a de onte, sinala, “cómpre actuar con rapidez para avaliar os danos e, unha vez se analicen as viñas afectadas, realizar os tratamentos fitosanitarios correspondentes”. Explica que “non só é a perda directa pola desfeita que poida provocar o pedrisco no viñedo, senón que tamén é importante controlar os efectos secundarios, xa que os danos poden derivar na entrada de fragas de fungos”, polo que “as primeiras horas son cruciais para determinar danos”.

Martín Seco considera “máis necesario que nunca que o goberno galego se sitúe ao carón dos viticultores” para “garantir que poidan continuar coa súa actividade en vindeiras colleitas”. Explica que a tormenta caeu precisamente “nun ano moi complicado para os viticultores”, que representan “un dos sectores máis afectados pola crise da covid – 19 e os peches das canles de restauración”.

O responsable socialista urxiu unha intervención decidida do goberno galego para apoiar ao sector nun momento difícil, que “fixo que moitos produtores tiveran problemas financeiros, que nalgún caso mesmo puido causar a falla de contratación dun seguro que garantira a súa produción”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18