Categorías: Actualidade

Martín Seco tilda a tarifa eléctrica galega de “exercicio de propaganda soberanista” e desminte que Galicia sexa excedentaria en materia enerxética

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Martín Seco, lamentou hoxe o “exercicio de propaganda soberanista” a proposición de Lei de tarifa enerxética galega presentada hoxe polo BNG. O Grupo Socialista rexeitou esta iniciativa presentada no Pleno do Parlamento logo de desmentir que Galicia sexa excedentaria en materia enerxética e abrindo a porta a estudar unha redución das peaxes de transporte da enerxía.

Seco criticou que intenten “ofrecer solucións simples a problemas complexos”, o que evidencia que a proposta “ten máis de propaganda que de solución real aos problemas”. Advertiu que “o único obxectivo é lanzar unha mensaxe de que o prezo da luz é produto dun expolio do estado español tardofranquista, ou que o PP pode darlle agora solución aos problemas que eles mesmos provocaron, cunha lexislación ao gusto das eléctricas que o actual goberno está a modificar”.

Sinalou que “o prezo da electricidade non vai baixar significativamente por nacionalizar empresas ou por ensoñacións nacionalistas que pretenden facer crer que a tarifa galega vai ser máis baixas nu mercado europeo regulado” onde, lembrou, Francia ou Italia teñen “enormes empresas públicas e uns prezos equiparables aos nosos”.

Explicou que, en contra do “mantra soberanista”, Galicia non é excedentaria en materia enerxética, o que se ben sucede na eléctrica, esta só é “unha parte” da enerxía. Así, malia que Galicia produce un 30 por cento máis da enerxía eléctrica que consume, hoxe produce 2.300 toneladas equivalentes de petróleo de enerxía primaria galega, pero importa 9.400 toneladas de enerxía primaria.

Destes 11.800 toneladas de enerxía pérdense 2.100 e quedan outras 9.950 toneladas equivalentes para uso, das cales Galicia consume 6.200 toneladas e exporta outras 3.700. Concluíu que “no caso dunha electrificación da economía, as 2.350 toneladas de enerxía eléctrica que produce Galicia non dan para as 6.200 toneladas que consumimos”, e de feito apenas supoñen unha terceira parte do que Galicia precisa.

Si que abriu a porta a estudar que as comunidades produtoras tiveran unha redución das peaxes de transporte, pero advertiu de que “ao mesmo tempo que as peaxes de transporte poderían ser menores”, os custes de distribución son “enormes”, un 20 por cento máis caras que noutros lugares de España pola orografía e a dispersión xeográfica. Deste xeito, dixo, “quizá Galicia non sae tan mal parada no balance do que pagamos en peaxes”.

Martín Seco chamou a “camiñar xuntos” para seguir incidindo na transición enerxética e o respecto polo medioambiente, incluíndo cuestións “esenciais” como a eficiencia enerxética e o autoconsumo. Tamén apostou por impulsar as modificacións estruturais e de curto prazo para que a tarifa sexa equilibrada, e finalmente actuando contra a pobreza enerxética “para que ningunha familia quede sen subministro eléctrico”.

Medidas do goberno

Explicou que, segundo a prensa especializada, “nos vindeiros anos o custe da enerxía eléctrica no mercado maiorista español será inferior ao de países como Francia ou Alemaña”, a raíz das medidas impulsadas polo goberno do estado e a posta polas renovables. Sinalou que o goberno “quere actuar contra os privilexios das eléctricas” con medidas estruturais para a redución da factura, a futura Lei do fondo nacional de sustentabilidade do sistema eléctrico e a futura Lei de minoración do CO2.

Estas iniciativas permitirán unha redución, dixo, “de ata o 15 por cento da factura eléctrica en consumidores domésticos e industriais”, mentres o BNG, dixo, “sumou onte os seus votos aos de Vox para intentar tumbar o proxecto de Lei para crear o Fondo Nacional de Sustentabilidade do sistema eléctrico”.

As medidas impulsadas polo goberno, dixo, inclúen unha rebaixa histórica dos impostos e medidas para retraer beneficios ás empresas que poidan incidir sobre os usuarios, por parte dun goberno que “actúa para conseguir que a factura eléctrica non suba nestes momentos e prepara medidas estruturais cara ao futuro”.

Acusou aos nacionalistas galegos de “soprar e sorber ao mesmo tempo” cando “queren nacionalizar empresas e baixar impostos, queren apostar polas renovables e piden moratorias para as eólicas, ou queren facer barcos para defender os estaleiros ferrolás pero critican o orzamento para o Ministerio de Defensa”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41