Categorías: Actualidade

Martín Seco reclámalle á Xunta que empregue a nova PAC para cambiar a orientación da política agraria galega e frear o desmantelamento do sector

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Martín Seco, chamou hoxe á Xunta a aproveitar a nova negociación das axudas da Política Agraria Común para “cambiar a orientación da política agraria galega” e “frear o desmantelamento do sector”. Así o dixo na comparecencia do conselleiro do Medio Rural para informar do proceso de negociación das axudas por parte do goberno galego.

O responsable socialista sinala que os apios da PAC “deben ser para as explotacións familiares e profesionais que o necesitan para ser viables e competitivas cerando tecido económico e social nos territorios”. Reivindicou unha converxencia “progresiva e aplicándose gradualmente” e apuntou que “non é desexable unha tarifa única por hectárea” e que se teñan en conta as condicións sociais.

Reclamoulle ao goberno galego que empregue os fondos do Plan de Desenvolvemento Rural para “loitar contra o despoboamento rural e apoiar aos agricultores”, logo de que os gobernos do PP se demostraran “pioneiros en destinar fondos da PAC para actuacións que se financian con fondos Feder ou autonómicos”. Acusou á Xunta de sustraer fondos que lle corresponden aos gandeiros e labregos galegos para actuacións impropias.

Así, sinalou que estes fondos “estrañamente” remataban destinados a “levar banda ancha a polígonos industriais, pistas rurais dirixidas a ningures, ou parques infantís en concellos que non contan cunha soa hectárea de superficie agrícola, ou á rehabilitación de edificios públicos”. A situación chega ao punto, dixo, de que “o principal beneficiario da PAC en Galicia é unha empresa transnacional con sede en Madrid”.

Mudar a tendencia letal

O obxectivo último do goberno galego, dixo, ten que ser mudar a tendencia letal para campo galego, que prevé a xubilación de máis da metade dos agricultores e gandeiros en tan só unha década. O parlamentario socialista lembrou que na década dos 90 a caída da renda agraria en Galicia foi do 25 por cento, nun territorio en “notable desequilibro”, cun 80 por cento da produción agraria en tan só o 20 por cento dos concellos.

Sinalou a situación do sector forestal, que supón o 50 por cento da produción do Estado e tan só o 13 por cento da renda, así como o lácteo, co 40 por cento da produción do Estado pero só o 11 por cento da facturación e o 7 por cento do Estado.

Explicou que a negociación exitosa das axudas da PAC, na que o Ministerio conseguiu 47.200 millóns de euros para actividade agrícola e gandeira para o período 2021 – 27, abre a porta a desenvolver políticas para rectificar a tendencia ao desmantelamento do sector. Sinalou que “existen persoas e non territorios”, e sinalou que “é xusto e razoable que dúas persoas que cultivan o mesmo na mesma zona e nas mesmas condicións perciban a mesma axuda”.

Reequilibro

Reclamou o “reequilibro” das axudas de acordo coa reforma de 2015, cando Europa impuxo a obriga de “poñer fin aos privilexios históricos”. Lembra que en Galicia “hai agricultores da mesma rexión de pago básico, mesmo veciños de parcelas, que tendo o mesmo cultivo reciben axudas por hectárea moi diferentes, en función do que producían hai 20 anos”.

Martín Seco instou hoxe ao conselleiro do Medio Rural a “estar á altura” na negociación das axudas da PAC que comeza agora para conseguir un bo resultado para Galicia. Sinalou que, logo da negociación na UE, “moi complexa”, e que tivo un “feliz desenlace” para o Estado, “agora tócalle a vostede amosar as súas virtudes como xestor e ser capaz de convencer ao resto dos territorios de España das nosas necesidades”.

Advertiu de que “estaremos atentos para ver se o goberno galego está á altura da negociación na que ten todo o apoio do PSdeG, que unha vez máis respalda unha posición pactada coas organizacións agrarias e as comunidades da cornixa cantábrica.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18