Categorías: ActualidadeNovasParlamento de GaliciaPortada

Martín Seco pídelle á Xunta que aclare os motivos da súa denuncia contra un excargo da AGADER por presunta corrupción

Reclámalle ao goberno galego que profesionalice con procedementos de mérito, capacidade e igualdade os cargos de dirección desta Axencia

O deputado socialista Martín Seco vén de rexistrar unha batería de iniciativas no Parlamento de Galicia para instar á Xunta a que aclare cales son os feitos que motivaron as súas “graves acusacións” contra Javier Blanco Carballal, un excargo da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) e do Banco de Terras.

O parlamentario do PSdeG tamén lle pide ao goberno galego que concrete se as irregularidades denunciadas teñen relación directa coa posición dentro do Partido Popular de Galicia do denunciado, que foi voceiro do PP de Lalín.

Martín Seco explica que, segundo informacións periodísticas, a xustiza está a investigar un presunto caso de corrupción en AGADER por parte do exsubdirector deste organismo autonómico.

Segundo estas informacións, foi a propia Xunta a que denunciou ante a Fiscalía posibles irregularidades na tramitación de dúas subvencións ao concello da Pobra de Brollón, aínda que tamén paralizou unha terceira polo mesmo motivo. As tres axudas suman case 290.000 euros de fondos públicos, que o concello non chegou a recibir na súa meirande parte malia xustificar os traballos.

Neste contexto, a avogacía da Xunta acudiu ante a Fiscalía para denunciar unhas irregularidades  que a acusación pública considera presuntos delitos de prevaricación  administrativa e falsidade en documento oficial por parte de Javier Blanco Carballal. “O caso”, afirma Martín Seco, “vai ser investigado”, xa que o Xulgado de Instrución número 2 de Santiago incoou dilixencias previas para determinar se existe motivo para abrir un proceso, segundo consta nun auto do pasado día 4 de novembro de 2021.

A maiores, a propia Xunta “recoñeceu posibles irregularidades na tramitación desas axudas”, o que motivou a consecuente paralización dos procedementos de tramitación dos expedientes mentres non se produza o pronunciamento da xustiza.

Dáse a circunstancia de que o Grupo Socialista tamén denunciou hai uns meses que a mesma praza ocupada por Javier Blanco Carballal e á que se refiren estas acusacións “foi posteriormente preparada para Moisés Blanco Paradelo”, outro exresponsable do PP no Barco de Valdeorras e exdeputado no Parlamento de Galicia.

Naquela ocasión, Martín Seco desvelara que a praza de subdirector do AGADER fora asignada premiando criterios “insólitos” como posuír titulacións diferentes ás esixidas na convocatoria, a asistencia a cursos que non tiñan que estar homologados nin vencellados ao sector, ou aportar experiencia no ámbito da docencia.

Por iso, tamén lle pregunta ao goberno galego se “pensa seguir acumulando cargos do PPdeG en postos de responsabilidade do AGADER”. De maneira complementaria, reclámalle ao goberno galego profesionalizar con procedementos de mérito, capacidade e igualdade os cargos de dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18