Categorías: ActualidadeNovasParlamento de GaliciaPortada

Martín Seco insta á Xunta a asinar os protocolos dos convenios de Transición Xusta para permitir investimentos e compensacións nas zonas das Pontes e Meirama

O deputado socialista denuncia que, a día de hoxe, Galicia é a única comunidade con municipios en transición enerxética que ten sen subscribir eses documentos

O deputado socialista Martín Seco rexistrou unha batería de iniciativas no Parlamento galego para instar á Xunta a asinar os protocolos do convenio de Transición Xusta das Pontes e Meirama. Con esta medida, indica, “poderase avanzar no proceso de concreción dos novos investimentos nas localidades afectadas”, tal e como se recolle na estratexia para facilitar o cambio cara a un modelo económico sostible e competitivo que contribúa a poñer freo ao cambio climático. Un dos piares dese marco contempla “o acompañamento solidario” a través de axudas e medidas compensatorias “para asegurar que as persoas e os territorios aproveiten ao máximo as oportunidades desta transición ecolóxica sen que ninguén quede atrás”.

Martín Seco lembra que, a día de hoxe, Galicia é a única comunidade con municipios en transición enerxética que ten sen asinar ese protocolo de actuación. Neste contexto, sinala que o goberno do Estado xa lle insistiu á Xunta de Galicia na necesidade de abordar canto antes a sinatura dos documentos que recollen o compromiso expreso das diferentes administracións para realizar un traballo conxunto para As Pontes e Meirama.

O parlamentario do PSdeG subliña que se trata, ademais, dun “paso necesario” para que os municipios afectados teñan acceso ás axudas de Transición Xusta europeas e ás nacionais e tamén ás do Compoñente 10 do Fondo de Recuperación, Transformación e Resiliencia, que está dotado con 300 millóns de euros para os próximos 3 anos. Esta cantidade reforzará o Fondo de Transición Xusta, do que tamén se beneficiarán as zonas afectadas en Galicia.

Por iso, Martín Seco urxe a que “a Xunta de Galicia asine o protocolo de convenio para poder avanzar no proceso de concreción dos novos investimentos nas Pontes e Meirama, o que precisa dunha maior implicación do goberno galego”. Por contra, o deputado socialista lamenta que o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía e Industria cambiase o criterio sobre o futuro das Pontes, pedindo concrecións “que levan meses encima da mesa sen que a Xunta asine o protocolo que permita estudar alternativas e investimentos”.

Neste escenario, Martín Seco sinala que “é necesario que a Xunta permita desbloquear o convenio e, así, fixar novos investimentos que garantan os postos de traballo e fixar a poboación no rural”.

A sinatura dos protocolos de actuación supón o compromiso expreso das diferentes administracións a realizar un traballo conxunto na elaboración dos convenios. Entre outras cousas, servirá para identificar proxectos e iniciativas empresariais que promovan o cambio de modelo produtivo a partir dos recursos da zona a través dun proceso participativo dirixido aos axentes sociais e económicos, ás administracións públicas, organizacións sindicais ou empresas.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08