Categorías: ActualidadeNovasParlamento de GaliciaPortada

Martín Seco denuncia o “abandono continuado” da Xunta de Galicia e do Concello de Arteixo ante as necesidades educativas do municipio

Lamenta a “falla de compromiso” da Xunta coa construción de novas instalacións ante a saturación das actuais e critica que o alcalde de Arteixo xa non considere prioritario este tema

O deputado socialista Martín Seco denunciou esta mañá o “abandono continuado no tempo” da Xunta de Galicia e do Concello de Arteixo ante as demandas en materia educativa para o municipio. Fíxoo na Comisión de Educación do Parlamento, onde Seco criticou ao goberno galego pola súa “falla de compromiso” coa construción dun novo CEIP e dun novo IES en Arteixo.

No caso do colexio, trátase dunha necesidade que se remonta a hai máis de seis anos debido á “saturación” das instalacións educativas no concello e que agora xa é “unha emerxencia”.

Así, Martín Seco recordou que a Xunta “leva dando bandazos dende 2015”, cando o Grupo Socialista presentou unha iniciativa para construír novas dotacións educativas ante “os graves problemas de espazo” e “masificación” que se empezaban a detectar en diferentes centros.

O deputado do PSdeG  lembra que, en primeiro termo, o goberno galego e o PP criticaron esa petición socialista, pero logo pasaron a facela eles mesmos no ano 2017. De feito, o alcalde e o actual conselleiro de Educación chegaron a prometer a súa construción en diferentes ocasións, orzamentaron o proxecto durante varios anos sen executar a partida e incluso chegaron a anunciar varias veces a cesión dunha parcela para un novo CEIP.

En calquera caso, durante todo este tempo non se chegou a concretar “absolutamente nada”. Mentres tanto, medraba a situación de abandono, os problemas de saturación trasladábanse aos institutos e incrementábanse as deficiencias en persoal educativo e técnico en instalacións como, por exemplo, as do Manuel Murguía.

A última sorpresa chegaba, explica Martín Seco, cando onte mesmo, no pleno de aprobación dos orzamentos municipais, o alcalde de Arteixo aseguraba que “a construción do novo colexio xa non é prioritaria”.

Lonxe disto, Martín Seco recorda que “levamos dende o ano 2016 pedindo a construción de novas infraestruturas educativas en Arteixo” e que os motivos desa demanda continúan plenamente vixentes. Nesta liña, incide en que a situación de colapso que existía daquela nos colexios de Arteixo xa é tamén agora unha realidade nos institutos do municipio”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18