Categorías: Actualidade

Marina Ortega urxe ao goberno galego que atenda os problemas do centro San Anxo de Rábade no que viven menores tutelados pola Xunta

Insta á Consellería de Política Social a que acceda á petición de reunión por parte do equipo educativo do centro logo de suspender unha cita no mes de xaneiro “a instancia da propia Dirección Xeral”

A voceira de Política Social do Grupo Socialista, Marina Ortega, vén urxir ao goberno galego a que atenda os problemas do centro San Anxo de Rábade no que viven menores tutelados. Fíxoo no Parlamento, a través da presentación dunha batería de iniciativas neste senso.

“O ano pasado, a través dos medios de comunicación, puxéronse de manifesto problemas importantes en canto á xestión nos centros de menores de Galicia”, asegurou a responsable socialista, quen subliñou que, en concreto, “o centro  Santo Anxo de Rábade está a vivir problemas de conducta nos menores que dificultan e poñen en perigo o traballo dos profesionais e o benestar dos menores”.

Neste senso, Ortega alertou de que “é preocupante a fraxilidade do interese superior dos menores cando en numerosas ocasións, despois de ingresar en Rábade cunha tutela ou garda, derivaron a un centro de reforma con causas xudiciais”.

Por todo iso, sinalou, “tendo en conta que a Xunta debe priorizar o benestar dos menores e a seguridade do persoal laboral do centro, consideramos vital que Política Social analice a xestión e tome medidas para solucionar a situación”.

“O ano pasado, o Grupo Socialista presentou varias iniciativas sobre este asunto e, entón, Política Social asegurou que accedería á petición de reunión por parte do equipo educativo do centro. De feito, soubemos que se fixara unha xuntanza o 13 de xaneiro, pero ao parecer a cita foi suspendida a instancia da propia Dirección Xeral e, dende entón, nada se soubo”, censurou a socialista.

Por último, Ortega pediu “celeridade” ao goberno galego para arranxar esta problemática, xa que “é un tema fundamental e non pode agardar máis”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41