Categorías: Actualidade

Marina Ortega urxe á Xunta a elaborar un plan de emerxencia ante a falla de persoal nas residencias “a prol do benestar e dos dereitos” das persoas maiores

O PP vota en contra da proposta socialista para, entre outras cuestións, “dignificar” as condicións laborais das traballadoras e a “garantir” o cumprimento da normativa

A voceira de Política Social densura que a Xunta “segue ensimesmada sen actuar ante as novas circunstancias da pandemia e a costa do benestar das persoas maiores”

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Marina Ortega, urxiu hoxe á Xunta a elaborar un plan de emerxencia ante a ausencia de persoal nas residencias que traballe “a prol do benestar e dos dereitos” das persoas maiores e que estea baseado na formación, na “dignificación” das condicións laborais das traballadoras e na “garantía” de cumprimento da normativa. A proposición non de lei, debatida na Comisión de Política Social do Parlamento galego, foi rexeitada polo Partido Popular.

Cando nos atopamos inmersos en plena sexta onda da covid con máis de 600 persoas contaxiadas nos centros de atención residencial, Ortega demandou ao goberno galego que elabore un protocolo “urxente” que permita habilitar un mecanismo para cubrir todas as baixas laborais nas residencias de maiores e garantir a normativa en canto aos cocientes de persoal nas mesmas, xa que “se están incumprindo”.

“Cómpre dignificar as condicións laborais das traballadoras e garantir o cumprimento da normativa, xa que os centros teñen menos persoal do que deberían e algúns carecen de profesionais de enfermería, que son de obrigado cumprimento”, sinalou a socialista que denunciou a “falla de técnicos e inspectores” que “supervisen” que as residencias cumpran a normativa.

Ao fío disto, a socialista lamentou que, malia o anuncio da Xunta dun novo modelo de residencias, en Galicia “todo segue igual”. “Simplemente son titulares, pero nada cambia”, lamentou, xa que a Xunta “segue ensimesmada sen actuar ante as novas circunstancias da pandemia e a costa do benestar das persoas maiores”.

OS MAIORES “SON SUXEITOS DE DEREITO”

En relación á contratación de persoal sen titulación nas residencias de maiores, Ortega advertiu que isto non pode converterse nunha “regra xeral”. “Do mesmo xeito que non podemos permitir que se contrate persoal sen titulación en escolas, garderías, hospitais ou centros de saúde, por que si pode contratarse en residencias de maiores?”, cuestionou a socialista, quen instou á Xunta a “tratar as persoas maiores cos mesmos dereitos e da mesma forma” que ao resto de cidadáns, xa que “son suxeitos de dereito”.

“Estamos a falar de persoas que teñen dependencias, demencias neurodexenerativas ou outras doenzas que non pode tratar calquera”, incidiu a socialista quen destacou que “a clave está nas condicións laborais” do persoal que é preciso mellorar.

OUTRAS PROPOSTAS

Entre as propostas do Grupo Socialista, Ortega pediu tamén desenvolver un protocolo de detección precoz da covid con probas rápidas dúas veces por semana a residentes e persoal, subministrar de forma “continuada e suficiente” máscaras FFP2 para as traballadoras e traballar nunha “correcta” coordinación sociosanitaria co Sergas para garantir unha maior axilidade nos procedementos.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08