A responsable de Política Social do Grupo Socialista apunta que Petín é o único concello de Valdeorras que carece de servizos que garantan unha atención integral e continuada para as persoas maiores
A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Marina Ortega, vén de presentar unha serie de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Xunta que dote ao Concello de Petín dunha residencia pública de maiores. Ortega lembra que Petín é o único concello de Valdeorras que carece de servizos que garantan a atención integral e continuada paras as persoas maiores, a pesares de que o 32 por cento da poboación ten máis de 65 anos.
A responsable socialista reclámalle ao goberno galego que “acceda á demanda veciñal de Petín para dotar ao Concello dunha residencia de maiores”. Ortega reclama unha infraestrutura fundamental para “contribuír a mellorar as condicións de vida das persoas maiores de Petín, así como das súas familias, e ao mesmo tempo colaborar no marco de acción do plan de impulso demográfico de Galicia afianzando poboación”.
Considera “fundamental” que os veciños e veciñas da localidade ourensá “conten cunha residencia de maiores que evite o éxodo dos seus habitantes cara outros núcleos de poboación que dispoñan deste tipo de recursos”. Sinala que “a familia e contorna da persoa que ingresa nunha residencia fóra do seu núcleo terá dificultades engadidas para visitar e manter contacto habitual con ela”.
O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…
A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…
Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…
Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…
Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…
Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…