Categorías: ActualidadeNovas

Marina Ortega reclámalle á Xunta a elaboración dun plan de prevención do suicidio coa dotación orzamentaria suficiente para a súa posta en práctica

A voceira de Política Social do PSdeG presentou as iniciativas que vén de rexistrar sobre este tema no Parlamento coincidindo co Día Mundial da Prevención do Suicidio

A voceira de Política Social do PSdeG, Marina Ortega, vén de rexistrar unha batería de iniciativas no Parlamento galego para esixirlle á Xunta de Galicia a posta en marcha dun Plan Galego Intersectorial para a prevención do suicidio na comunidade.

Coincidindo co Día Mundial da Prevención do Suicidio, a deputada socialista reclamou tamén que esa iniciativa conte coa dotación orzamentaria suficiente para a súa posta en marcha e que se presente anualmente na Cámara galega un informe con datos de suicidios e tentativas en Galicia.

Marina Ortega indica que os datos son “preocupantes”, polo que cómpre que se “prenda unha alerta nas administracións” e que se elabore un plan de acción coordinado que permita intervir para unha detección precoz da conducta suicida. A parlamentaria do PSdeG advirte ademais de que, tras unha pandemia con consecuencias importantes sobre a saúde mental das persoas, “é máis necesario que nunca poñer o centro de atención sobre este asunto e abordar canto antes os novos retos que xorden”.

Marina Ortega -que esta tarde participará na concentración convocada en Santiago polo Movemento Galego da Saúde Mental-  alerta de que “a predisposición do suicidio a nivel global é ascendente”, tal e como demostran os últimos datos. É a décima causa de morte en Europa ou a primeira causa de morte non natural en España. En Galicia, en 2019, faleceron 292 persoas por suicidio e ademais xa se sitúa como a causa de morte que máis afecta porcentualmente á xuventude galega xunto aos accidentes de tráfico. Por outra banda, a provincia de Lugo encabeza a taxa de suicidios no Estado.

Neste escenario, a deputada socialista recorda que profesionais do sector e movementos sociais de saúde mental advirten de que non existe un plan de prevención de suicidios. A maiores o plan de prevención publicado en 2017 non se implementou porque “naceu cun gran defecto, que foi a escaseza orzamentaria”. Ao mesmo tempo, “faise imprescindible que sexa de carácter multisectorial”, posto que “o suicidio non só é un problema sanitario, senón que se trata dun problema social que debe ser abordado desde distintas perspectivas”.

Marina Ortega indica tamén que “para poder optimizar o traballo nesta materia é preciso contar cos datos actualizados sobre a realidade do suicidio en Galicia”. Ao fío disto, denuncia que “lamentablemente” o goberno galego incumpriu hai dous anos o seu compromiso de elaborar un estudio sobre a materia en colaboración coa universidade.

Neste contexto, Marina Ortega defende que “Galicia ten que incrementar esforzos adicionais na prevención do suicidio”. Con este obxectivo, a deputada do PSdeG reivindica que “se marquen as liñas estratéxicas multidisciplinares en colaboración con colexios profesionais e entidades sociais da saúde mental” e que se complementen as políticas de acción contra o suicidio “cun plan integral potente e dotado con recursos suficientes”.

Así mesmo, conclúe, “é preciso ter un especial recoñecemento ao gran traballo que fan os profesionais de saúde mental, así coma corpos e forzas de seguridade, bombeiros, entre outros”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41