Categorías: Actualidade

Marina Ortega propón á Xunta que destine o orzamento aforrado na RISGA grazas á implantación do IMV en “itinerarios de inserción laboral en coordinación cos servizos sociais”

Urxe ao goberno galego que traballe na mellora da Lei de Inclusión Social de Galicia para buscar a “complementariedade” entre a RISGA e o IMV

Suxire unha lei do terceiro sector para apoiar e blindar os dereitos dun sector “piar” para a reconstrución de Galicia

A voceira de Política Social, Marina Ortega, vén de propoñer á Xunta a que destine o orzamento aforrado polo goberno galego na RISGA grazas á implantación do Ingreso Mínimo Vital (IMV) por parte do goberno de España en “itinerarios de inserción laboral en coordinación cos servizos sociais”. Fíxoo, hoxe, na Comisión de Política Social do Parlamento trala comparecencia do director xeral de Política Social.

Ortega puxo en valor o IMV, renda da que se están a beneficiar máis de 11.000 persoas en Galicia grazas ao “esforzo” que levou a cabo o goberno de España. Neste senso, pediu ás administracións públicas unha maior “coordinación” que permita “optimizar” todas as axudas para que as persoas en risco de exclusión social poidan recibir “os máximos beneficios posibles”.

Nesta liña, urxiu á Xunta a traballar na mellora da Lei de Inclusión Social de Galicia que permita buscar unha “complementariedade” entre a RISGA e o IMV, o cal sería “moi importante” para as persoas en situación de vulnerabilidade, xa que agora mesmo estas dúas prestacións son incompatibles. Ademais, propuxo ao goberno galego unha lei do terceiro sector para apoiar e blindar os dereitos dun sector “piar” para a reconstrución de Galicia.

Doutra banda, Ortega puxo en valor o traballo desenvolvido no eido da política social polos concellos galegos, cuestión “que o goberno galego non tivo en conta” á hora de elaborar os orzamentos da Xunta de 2021 cando “reduciron” as partidas destinadas aos mesmos nas contas.

Por último, a responsable socialista “tendeu a man” ao goberno galego á hora de levar a cabo “todas as propostas” que permitan “mellorar a vida dos galegos e galegas en situación de vulnerabilidade”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta unha ordenación axeitada da eólica para que Galicia non perda a oportunidade de liderar a transición enerxética

A voceira de Industria e Enerxía, Patricia Iglesias, sinálalle ao Goberno galego a necesidade de facer das renovables “unha prioridade…

19/05/2024 15:29

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29