Categorías: Actualidade

A Xunta deixou sen executar o 64,1 por cento do orzamento previsto para Acceso á Vivenda no ano 2020

O portavoz de Vivenda do Grupo Socialista, Luis Álvarez, vén de presentar unha batería de iniciativas parlamentarias para esixirlle á Xunta que garanta a execución da totalidade do Orzamento previsto no programa de Acceso á vivenda. O responsable socialista lembra que no exercicio 2020 a Xunta deixou sen executar 2 de cada 3 euros destinados á promoción de vivenda.

De acordo cos datos remitidos polo goberno galego, durante 2020 deixaron sen executar o 64,1 por cento dos 27,4 millóns de euros que figuraban como crédito vixente nesta partida. É dicir, explicou, tan só gastaron 9,8 millóns de euros e deixaron sen gastar 17,6 millóns dunha partida fundamental para o benestar dos galegos e das galegas, e na que ademais o goberno galego conta con competencia exclusiva, de acordo co Estatuto de Autonomía.

O Grupo Socialista esíxelle ao Executivo autonómico un informe urxente explicando as razóns do baixo nivel de execución deste programa, sinaladamente no último ano de vixencia do Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora de acceso á vivenda 2015 – 2020, coñecido como Plan RehaVita, e as repercusións sobre os colectivos potencialmente beneficiarios.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta unha ordenación axeitada da eólica para que Galicia non perda a oportunidade de liderar a transición enerxética

A voceira de Industria e Enerxía, Patricia Iglesias, sinálalle ao Goberno galego a necesidade de facer das renovables “unha prioridade…

19/05/2024 15:29

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29