Categorías: Actualidade

“Mala praxis” da Xunta pola desatención ao xurado popular do “crime da rozadora”

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Patricia Vilán, presentou unha pregunta oral na Comisión de Xustiza celebrada hoxe no Parlamento na que acusou á Xunta de “absoluta imprevisión e mala praxis” no coidado dos cidadáns legos en dereito que participaron no xuízo do “crime da rozadora”. Vilán afeoulle á Xunta que “estes cidadáns non tiveran nin auga, nin comida decente, nin habitacións dispoñibles ao saír do xuízo”.

A responsable socialista advertiu das “lamentables condicións” ás que estaban sometidos estes cidadáns xurados que “tiveron que estar dous días enteiros deliberando incomunicados para poder chegar a un veredicto”. Sinalou que a Dirección Xeral de Xustiza non dotou dos medios básicos a uns cidadáns legos en dereito que “sufriron a falta de auga durante o xuízo, a falta de comida decente, cea e habitacións dispoñibles ao saír dos xulgados”.

Vilán reclamou que “pola falta de previsión da Dirección Xeral de Xustiza estes cidadáns tiveran que saír da súa situación de incomunicación escoltados pola policía nacional para poder ir cear a unha bocatería”. Advertiu que estes cidadáns “tiveron que pedir unas pizzas na Audiencia para poder comer” a pesar, sinalou, de que esta Dirección “coñece que vai haber sorteo de xurados dous ou tres meses antes da celebración do xuízo”.

A deputada socialista sinalou que “foi o persoal adscrito á Sección 2ª da Audiencia Provincial de Pontevedra o encargado de facer velar os dereitos destes cidadáns” e acusou de “total desentendemento” á Dirección Xeral de Xustiza que é a encargada de xestionar estes trámites dende que Feijóo está no Goberno. Sinalou a “vergoña que lle ten que supoñer ao Goberno que unha das persoas do xurado presentara unha queixa ante o TSXG pola mala xestión que houbo”.

Vilán acusou ao goberno galego de “eludir as súas responsabilidades” e reclamoulles que “nomeen un responsable de xestionar todos os trámites relacionados coa intendencia dos cidadáns xurados que participan nos xuízos con Xurado Popular nas Audiencias Provinciais das catro provincias galegas e as seccións das mesmas nas cidades de Vigo e Santiago de Compostela”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08