Categorías: Actualidade

Máis investigación contra a praga da procesionaria

O portavoz de Gandaría do Grupo Socialista, José Manuel Pérez Seco, urxiu hoxe ao goberno galego a “facer máis e mellorar a xestión” na loita contra a praga da eiruga procesionaria. O responsable socialista presentou unha proposición non de Lei en Comisión para reclamarlle á Xunta que colabore coa universidade e os centros de investigación para avanzar na investigación para erradicar e controlar esta especie.

Pérez Seco alertou de que, se ben polo momento a Thaumetopoea Pityocampa, tamén coñecida como procesionaria, resulta un risco para persoas e mascotas polos seus pelos urticantes. O simple contacto provoca reaccións alérxicas, picor ou escozor, e son especialmente perigosas para as mascotas, chegando a ser mortais.

As situacións climatolóxicas actuais teñen provocado a temperá aparición desta especie, que ata o momento se limitaba aos meses de febreiro, marzo e abril, e xa se ten observado no pasado nadal nos concellos de Ares, Cabanas, Guitiriz, Begonte, Vigo, Ferrol ou na comarca do Lérez. Malia que o goberno galego ten aplicado tratamentos fitosanitarios e trampeo, é urxente “facer máis e mellorar a xestión” para adopta os avances científicos e o maior investimento en I+D+i.

O parlamentario socialista considera “imprescindible” que o goberno galego poña en marcha un plan de investigación científica a través dun convenio coa universidade e os centros de investigación para colaborar no desenvolvemento de medidas axeitadas para erradicar e controlar a praga.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08