Categorías: Actualidade

Luis Álvarez urxe a Rueda a incrementar o investimento en sanidade e deixar os “experimentos de casa-habitación” e o “dumping sanitario”

O voceiro parlamentario do PSdeG advirte de que, se a política sanitaria galega non cambia, “dentro de 5 ou 7 anos teremos o mesmo problema en Medicina Interna que o que hai hoxe en Atención Primaria”

O dirixente socialista propón garantir a asistencia do médico de familia en menos de dous días e incrementar en 140 millóns de euros o orzamento para Atención Primaria

O voceiro parlamentario do PSdeG, Luis Álvarez, urxiu hoxe a Rueda, durante a sesión de control ao presidente da Xunta no Parlamento, a deixar “experimentos de casa-habitación e dumping sanitario que lembran épocas pretéritas deste país nas que como complemento de pago en especies se ofrecía casa, luz e carbón” para apostar por un incremento do investimento en sanidade.

“Proben a investir máis en sanidade, verán que ben se senten”, sentenciou o dirixente socialista, quen pediu ao Executivo autonómico que chegue á mediana de investimento estatal, despois de que tanto o conselleiro de Sanidade como o presidente da Xunta asegurasen que o problema da sanidade pública galega “non é unha cuestión de cartos”.

Os datos evidencian, incidiu o socialista, que Galicia é a única comunidade do Estado que “desinviste” en Atención Primaria, tal e como sinala o último informe de Amnistía Internacional. Ademais, engadiu, é a segunda comunidade de España “pola cola”, só por detrás de Madrid, en orzamento total en sanidade, se extraemos o dato que se dedica a Primaria; e “está tamén no vagón de cola” de persoal médico por habitante.

“A baixada de investimento e os recortes previos deixáronnos con tan pouco persoal que agora mesmo as médicas e médicos da sanidade pública galega atenden unha media de 50 persoas ao día”, alertou o socialista, o que supón que cada facultativo só pode dedicar, no mellor dos casos, 6 minutos a cada paciente de media, calculou. “Tardan moitos días en atenderte e, cando te atenden, tes o tempo contando”, incidiu.

A “REVOLUCIÓN” DE MEDICINA INTERNA: “OS RECORTES DE HOXE, VERANSE MAÑÁ”

En canto á Atención Hospitalaria, o voceiro do PSdeG sinalou que a situación “non está moito mellor”, xa que levamos “varias semanas” cunha “revolución” en Medicina Interna porque as e os internistas quéixanse das condicións laborais. “E poderíamos falar de máis servizos”, apuntou, antes de alertar de que “os recortes de hoxe, veranse mañá”.

“Ollo, dígollo hoxe, 15 de xuño de 2022: se as cousas non cambian, dentro de 5 ou 7 anos, teremos o mesmo problema en Medicina Interna que o que hai hoxe en Atención Primaria”, advertiu.

FALTAN AMBULANCIAS EN GALICIA: DEZA, ORTEGAL, A MARIÑA, COSTA DA MORTE…

Doutra banda, Álvarez evidenciou a “problemática” do transporte sanitario de ambulancias. “Un servizo que custa máis de 200 millóns de euros ao sistema, non pode estar permanentemente en boca dos profesionais porque faltan ambulancias”, como en Deza, Ortegal, A Mariña ou Costa da Morte, enumerou.

PROPÓN 140 MILLÓNS DE EUROS MÁIS PARA PRIMARIA

“Teñen dous anos para empezar a resolver o problema da sanidade pública galega”, apuntou o socialista, quen reclamou ao Executivo galego que “garanta” o servizo de Atención Primaria en menos de dous días, “tal e como propuxo o PSdeG nun proxecto de lei ao que o PP votou en contra” e como propón tamén o Marco Estratéxico para a Atención Primaria e Comunitaria. E para iso, urxiu, é preciso incrementar en 140 millóns de euros o orzamento dedicado a Atención Primaria.

O PP DE RAJOY “NON ARRANXOU O PROBLEMA” DAS PRAZAS MIR

En canto á polémica das prazas MIR, Álvarez lembrou que cando o Partido Popular estaba á fronte do goberno do Estado, “non arranxaron o problema”. Ademais, censurou que o Sergas non cubrise todas as prazas destinadas a MIR de Atención Primaria durante a última década, cuestión que recoñeceu o propio conselleiro. “Por que o fixeron se xa sabían que se ían xubilar? Por que non corrixiron esta situación?”, cuestionou.

Neste sentido, Álvarez criticou a falla de previsión do Executivo autonómico con respecto ás xubilacións do persoal sanitario e cualificou como “tomadura de pelo” que o máximo dirixente da Consellería de Sanidade asegurase que se deron de conta “de repente” desta cuestión.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08