Categorías: Actualidade

Luis Álvarez esíxelle ao presidente da Xunta que recupere a gratuidade dos libros de texto e se reúna cos representantes dos profesores para mellorar as condicións laborais do colectivo

Censura que Galicia aínda non teña publicados todos os currículos educativos, que si teñen en marcha 10 das 17 comunidades autónomas, incluíndo Madrid

O portavoz do Grupo Socialista, Luis Álvarez, reclamoulle hoxe ao presidente da Xunta que recupere a gratuidade dos libros de texto no ensino e se reúna cos representantes do profesorado para acordar melloras laborais e subir a calidade do sistema educativo. Así o dixo na sesión de control ao presidente do Parlamento, na que criticou que teñan demostrado que “non lles gusta a Lomloe” e anunciaran que a aplicarían “do xeito máis laxo posible”.

Luis Álvarez aproveitou a súa intervención para reclamar a restauración do modelo de préstamo universal dos libros de texto implantado polo socialista Pérez Touriño, menos custoso e máis eficiente que o modelo imposto polo PP dende o ano 2009. Lembrou que mentres Galicia anuncia que o seu modelo custará 25,6 millóns, en Andalucía, onde manteñen o modelo socialista, co 60 millóns de euros atenden a 4 veces máis alumnos de primaria e 5 veces máis alumnos de ESO.

Instou ademais a Alfonso Rueda a que manteña contactos co profesorado “como están a facer outras comunidades autónomas” e admita “mellorar as condicións laborais e profesionais e os horarios do colectivo docente”. Así o dixo logo da comparecencia de onte do conselleiro de Educación, que lamentou que “non sexa nin sintética nin crítica, pero si autocompracente”.

Reclamoulle ao presidente da Xunta que desautorizara ao seu propio conselleiro de Educación no canto ten anunciado un “inicio de curso caótico”, e os responsabilizou de que as clases comezaran sen que Galicia tivera aínda aprobada a totalidade dos currículos educativos. Explicou que as comunidades autónomas coñecían as directrices para aprobar os ditos currículos dende maio, e sinalou que hai 10 que os presentaron en tempo e forma, incluíndo Madrid.

O responsable socialista afeoulle que Galicia se teña situado no grupo de comunidades autónomas que non publicaron os currículums, que “coinciden no mesmo signo político” do PP, como son Andalucía, Castela A Mancha ou Murcia.

Debilidades

O portavoz do Grupo Socialista enumerou hoxe as 10 debilidades do sistema educativo que o goberno galego ten incluído no seu propio Plan Estratéxico, e afeoulles que “vendan como éxito o índice de abandono escolar de Galicia”, cando o índice xa era 4 puntos inferior á media do Estado no ano 2009. Sen embargo, o Goberno galego sinala como primeira debilidade que esta taxa de abandono escolar en Galicia é “superior á media europea”.

Continúa alertando da escasa colaboración do sector empresarial para a formación profesional, que os centros educativos son “antigos e obsoletos”, ou que os alumnos teñen un dominio das linguas estranxeiras “inferior á media europea”. Continúa sinalando que o sistema educativo está “excesivamente baseado nos resultados académicos memorísticos que na capacidade crítica e de análise”.

Luis Álvarez apuntou ademais ao descenso nos últimos anos do gasto público en educación respecto ao PIB, os reducidos recursos destinados á formación permanente do profesorado, o escaso desenvolvemento das avaliacións externas e internas da calidade do ensino.

O documento do goberno galego, continúa, tamén sinala que as ratios de alumnado por unidade son “mellorables, especialmente para atender ao alumnado con necesidades específicas”, e remata alertando da “reducida participación do alumnado de FP de grao medio e superior”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18