Categorías: Actualidade

Luis Álvarez esíxelle a Rueda “claridade” sobre o destino dos 159 millóns de fondos covid desviados pola Xunta

O portavoz do Grupo Socialista lamenta a falla de información do presidente da Xunta e anuncia a petición dunha Comisión de Investigación para determinar o destino dos fondos

O portavoz do Grupo Socialista, Luis Álvarez, reclamoulle hoxe a Alfonso Rueda “claridade” sobre o destino real dos 159 millóns de euros de fondos covid enviados á Xunta e que desviaron a un destino descoñecido. O responsable socialista levou á sesión de control ao presidente da Xunta o informe do Consello de Contas que certifica que a Xunta só certificou o gasto en sanidade de 259 dos 418 millóns recibidos en 2020.

Álvarez lembrou que “no peor da pandemia vostedes destinaron 159 millóns de euros a non sabemos que mentres criticaban a suposta insuficiencia dos recursos que recibían”. Dous anos despois, o informe do Consello de Contas vén a certificar tanto que a finais do exercicio de 2020 a Xunta dispuxera de suficientes fondos para asumir o gasto sanitario e sociosanitario como que eses 159 millóns de euros foron destinados a outros fins”.

O responsable socialista puntualizou que “4 de cada 10 euros” dos fondos covid correspondentes aos tramos sanitarios entregados daquela polo Estado “non estiveron destinados a gasto sanitario, a lo menos dunha forma que o Consello de Contas poida aclarar”. Reclamoulle ao presidente da Xunta que “asegure hoxe aquí que se gastaron todos eses fondos para combater a crise sanitario cando había milleiros de afectados, e o persoal sanitario e sociosanitario estaban ao límite”.

Diante da falla de resposta do presidente da Xunta, o portavoz socialista reclamoulle en primeiro lugar que lle fixera entrega ao Parlamento de toda a documentación dispoñible e que apoien a proposta socialista para crear unha Comisión de Investigación na que clarifiquen o destino das partidas.

Alertou de que o “exemplo” da Consellería de Educación, que destinou gastos covid a cambiar cubertas de edificios, “constitúe un indicio de a que puideron gastar os fondos covid do tramo sanitario que recibiron”. Reclamoulle ao presidente da Xunta “respecto” para coa actuación dos técnicos da Xunta de Galicia, do Consello de Contas e mesmo da Airef, encargados de fiscalizar a actuación contable da Xunta e que o goberno galego puxo en dúbida.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41