Categorías: Actualidade

Luis Álvarez alerta de que a Xunta deixou sen executar case 400 millóns de euros do seu propio orzamento en materia de vivenda entre 2010 e 2020

O portavoz do Grupo Socialista, Luis Álvarez, alertou hoxe de que a Xunta de Galicia deixou sen executar entre 2010 e 2020 case 400 millóns de euros do seu propio orzamento en materia de vivenda. Así o dixo na sesión de control ao presidente da Xunta na que alertou de que os plans de vivenda “moi pintones” tradúcense á hora da realidade nunha execución “patética”.

O responsable socialista resumiu que o balance da xestión da Xunta nesta materia “é un fracaso” plasmado na falla de execución dos últimos 2 anos, e que só no ano 2020 “deixaron sen executar 52 millóns de euros en materia de vivenda”. Referiuse, explicou, ao programa de Fomento da Rehabilitación e da Calidade da Vivenda –sen executar o 35 por cento- e o programa de Acceso á Vivenda –sen executar o 64 por cento-, segundo os datos de execución da propia Xunta de Galicia.

Explicou que a “ineficacia” da Xunta con respecto ás políticas públicas de acceso á vivenda situaron a Galicia como a última comunidade autónoma do Estado en creación de vivenda protexida terminada sobre o total de vivenda creada entre 2011 e 2019. Esta é a realidade, dixo, detrás dunha “política de propaganda” que “xa nin contempla as vivendas que van construír ou a cantidade de axudas que van outorgar”, como no último Pacto Social pola Vivenda 2021 – 2025.

Luis Álvarez explicou que estes datos coinciden precisamente cun “panorama desolador” derivado da enorme dificultade de acceso á vivenda, o acusado retraso na emancipación xuvenil e o empobrecemento da poboación, mentres o prezo do aluguer aumentou un 20 por cento nos últimos 5 anos. O responsable socialista reclamoulle ao presidente da Xunta que presente datos verificables e “deixe de retorcer un cero ata que pareza un oito”.

Feijóo, o do non

Luis Álvarez acusou ao presidente da Xunta de presentarse como “o do non” pola súa “oposición continua e sistemática ás políticas das outras administracións”. Afeoulle que na súa resposta apuntara tanto ao goberno central como ás entidades locais gobernadas polo PSdeG, presentándose “sempre á contra, pero sen ofrecer ningunha resposta a nada” que sexa responsabilidade do goberno galego.

Resumiu a xestión da xunta citando a Séneca fillo cando dixo que “cando non sabemos a que porto nos diriximos, tódolos ventos son desfavorables”. Por iso, dixo, “Feijóo é o do non: non á lei de Vivenda, non ao bono de aluguer, non ao Plan Estatal para o Acceso á Vivenda”, ao igual que “cando votaron non ás emendas do Grupo Socialista aos Orzamentos, rexeitaron a construción de vivendas de protección pública, axudas á mocidade e ás familias”.

O portavoz do Grupo Socialista reclamoulle ao presidente da Xunta que “traballemos xuntos por consolidar a vivenda como quinto piar do Estado do Benestar” e que “deixe a política do non, porque entre toda e todos debemos traballar por mellorar e dignificar a vida das galegas e dos galegos”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Patricia Otero esixe “tódalas garantías para o medio ambiente” no proxecto de Altri

Subliña que “fronte aos vetos cruzados, queremos industria, emprego e respecto ao entorno”   A parlamentaria socialista Patricia Otero esixiu…

21/05/2024 18:02

Nicolás González Casares denuncia o desleixo da Xunta diante da caída da produción marisqueira en Galicia

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo mantén un encontro en Barbanza para analizar a situación das rías de Arousa…

21/05/2024 17:04

O Grupo Socialista promove unha declaración institucional para que o Parlamento condene o ataque sen precedentes de Milei ao Goberno español

Elena Espinosa pídelle a Rueda que estea á altura do seu cargo e lémbralle que o presidente arxentino comezou o…

21/05/2024 16:15

Julio Abalde lamenta que o PP vote en contra de pedirlle á Xunta que axude aos mariscadores da Ría do Burgo

Reclamoulle á Xunta que garanta a supervivencia das 100 familias afectadas pola rexeneración da ría mentres dura o proceso de…

21/05/2024 12:56

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta unha ordenación axeitada da eólica para que Galicia non perda a oportunidade de liderar a transición enerxética

A voceira de Industria e Enerxía, Patricia Iglesias, sinálalle ao Goberno galego a necesidade de facer das renovables “unha prioridade…

19/05/2024 15:29

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38