Categorías: Actualidade

Leticia Gallego reivindica no Parlamento un novo Plan de Turismo Rural, que o PP vota en contra

A portavoz de Turismo do Grupo Socialista, Leticia Gallego, lamentou hoxe o veto do PP a unha proposta socialista para pedirlle á Xunta que elabore un Plan de Turismo para o Medio Rural. Gallego presentou esta iniciativa na Comisión de Turismo, onde acusou a PP e goberno galego de “darlle as costas ao sector” mentres “agochan” as partidas millonarias entregadas polo Estado e a UE para apoiar ao turismo que “ninguén sabe onde están”.

Gallego acusou á Xunta de ter o Plan de Turismo Rural “metido nun caixón dende o día da súa presentación”, hai agora 2 anos, e esixiu un novo proxecto que faga deste sector un dos eixos esenciais na estratexia turística de Galicia. Propuxo un novo Plan a cinco anos con obxectivos medibles e medidas económicas que constitúa “un novo modelo de turismo para o rural de calidade, sostible e que aproveite as oportunidades das novas tecnoloxías da comunicación”.

Sinalou que as dificultades para o turismo derivadas de meses de confinamento e restricións fixeron a moitas persoas mirar para contornas rurais e naturais para gozar das súas vacacións, unha situación “que todos debemos valorar como unha gran oportunidade para dar un pulo ao rural”. A parlamentaria socialista levou ao Parlamento as demandas da Federación Galega de Turismo Rural, que reclama medidas de apoio con investimento público e promoción turística.

Resumiu que “a Xunta ten que atender as peticións do sector, e para iso ten que empregar o turismo como vector de riqueza, poñendo en valor ao rural e loitando fronte ao despoboamento”. Reclamou “aproveitar o efecto chamada e a nova sensibilidade cara ao rural para que a poboación volva traballar nas zonas rurais ao tempo que permiten que a xente vaia como turista e coñeza a nosa riqueza”.

Axudas

A responsable socialista lembrou que o goberno galego recibiu en 2020 224 millóns de euros do Estado a fondo perdido para os sectores afectados pola caída da actividade económica, e este ano outros 441 millóns adicionais de fondos de Axuda á Recuperación para a Cohesión e os Territorios de Europa –REACT-UE- co mesmo obxectivo, dos que nada se sabe e sen que a día de hoxe teñan publicado ningunha axuda no DOG.

Preguntou “onde está ese rescate que promete Feijóo”, que nun ano no que incrementaron os Orzamentos da Xunta un 14 por cento ata os 11.500 millóns de euros grazas ás aportacións do Estado “foron incapaces de elaborar un plan de rescate serio para salvar ao sector turístico de Galicia”. Sinalou que mentres o goberno galego presume de dedicar 75 millóns de euros a turismo, hostalería e ximnasios, as axudas en outras autonomías como Valencia ascenden a 283 millóns.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18