Categorías: Actualidade

Leticia Gallego reclámalle á Xunta un programa para desestacionalizar o turismo e axudas directas para as axencias de viaxes

A portavoz de Turismo do Grupo Socialista, Leticia Gallego, reclamoulle á Xunta un programa de impulso do turismo fora da temporada estival, así como axudas directas para as axencias de viaxes que teñen participado no malogrado programa do goberno galego “Galicia elixe Galicia”. Gallego presentou estas peticións hoxe en Comisión a través dunha proposta debatida e rexeitada polo voto en contra do PP.

Gallego acusou ao goberno galego de poñer “parches” para un sector en situación crítica, que padece “axudas da Xunta que chegan tarde e son insuficientes”, como advertiu o propio clúster de Turismo. Criticou a “despreocupación total do goberno galego polos nosos traballadores e traballadoras do sector turístico”, que urxen “axudas directas suficientes” para un sector ao límite que ve como “vai chegar 2021 e ninguén recibiu as axudas do goberno galego”.

A responsable socialista preguntoulle hoxe á Xunta “onde están os 745 millóns de euros que recibiu do goberno do Estado para atender esta situación de pandemia” e “por que non se utiliza para o rescate de sectores como por exemplo o turístico”.

Explicou que o sector turístico, que representa en torno ao 10 por cento do PIB de Galicia, está a ser un dos máis afectados pola pandemia, con “máis de 100.000 empregos en risco e milleiros de empresas en perigo de peche” e padecendo a “deriva e improvisación constante do goberno galego”. Reclamou “un plan de rescate serio, con recursos suficientes e a capacidade de artellar axudas directas eficaces” para apoiar ao sector.

Axencias de viaxes

Leticia Gallego presentou esta iniciativa logo de manter un encontro coa Plataforma de Dereitos das Axencias de Viaxes, cos que sinalou a falla de apoio da Xunta e advertiu que de seguir así “dúas de cada tres axencias de viaxes pecharan as súas portas co inicio de 2021”. Engadiu que “se continúan sen axudas directas e plans reais de reactivación para todo o sector turístico, 2021 pode ser o ano no que se extinguirán as axencias de viaxes”.

A responsable socialista pediu axudas concretas para estas axencias afectadas pola deriva do programa Galicia Elixe Galicia, presentada polo Conselleiro de Presidencia como gran alternativa para o turismo galego, e que ía ter 13.000 beneficiarios. En xullo pasaron a 4.500 beneficiarios, en setembro eran 500, dos que se beneficiaron 186, antes de cancelar finalmente o programa, moi lonxe do seu obxectivo.

Os socialistas reclaman agora que as axencias que traballaron amparadas por aquel programa de subvencións de estancias turísticas para menores de trinta anos e familias con fillos menores de idade, e garantir así que a lo menos “poidan ter algún ingreso” logo da onda de cancelacións derivadas do coronavirus e as restricións de movementos.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04