Categorías: Actualidade

Leticia Gallego reclama axudas directas da Xunta para o sector das orquestras, ademais dun protocolo específico e a súa incorporación á programación do Xacobeo

A portavoz de Turismo do Grupo Socialista, Leticia Gallego, vén de reclamarlle á Xunta medidas concretas de apoio ao sector das orquestras, especialmente danado polas restricións derivadas da pandemia. Gallego presentou unha emenda para completar unha proposta do PP debatida hoxe en Comisión parlamentaria pedindo axudas directas, un protocolo específico e a incorporación do sector á programación do Xacobeo.

O PP rexeitou as aportacións do Grupo Socialista, polo que a iniciativa foi aprobada limitándose a pedir unha defensa xenérica do sector e sinalando aos concellos, que “xa están saturados”, obrigados a asumir competencias propias do goberno galego. Gallego lamentou que o PP utilice ao Parlamento para conceder un apoio “de cara á galería, pasándolle a pelota aos concellos e eximindo ao goberno galego de calquera obriga ou responsabilidade”.

Advirte de que o sector “síntese enganado unha vez máis pola Xunta de Galicia”, que mantivo o seu contacto con eles “ata o día despois das eleccións autonómicas”, e seguen agardando dende entón por un encontro co Vicepresidente Primeiro do goberno “que nunca da chegado”.

Gallego sinala que das 120 orquestras que había hai 3 anos en Galicia, hoxe tan só quedan en torno a dúas decenas en disposición de traballar, xa que “moitos dos seus traballadores e traballadoras tiveron que empregarse noutros sectores”, e se enfrontan ao risco certo de que “non quede unha soa orquestra antes de que acabe a pandemia”.

Gallego reivindicou axudas “ad hoc” para o sector, que quedou fora das medidas de axuda do goberno galego precisamente polas especificidades do seu traballo. As axudas da Xunta eran en realidade “subvencións para gastos derivados do traballo”, que “dificilmente puideron xustificar cando o que falta precisamente é o traballo”, co que quedaron “de facto” excluídas da liña de axudas, e por iso agora volven reclamar axudas específicas diante do risco de quedar outro verán sen actividade.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08