Categorías: ActualidadeNovasParlamento de GaliciaPortada

Leticia Gallego critica o veto do PP á electrificación dos catamaráns da Ribeira Sacra para acadar un transporte fluvial máis sostible na zona

A deputada socialista solicitaba que a Xunta achegase o financiamento necesario para levar a cabo esta iniciativa, que permitiría reforzar os obxectivos do plan de sustentabilidade turística e a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

A deputada socialista Leticia Gallego criticou hoxe que o Partido Popular se negase a aprobar unha iniciativa do PSdeG na que se lle reclamaba á Xunta de Galicia que realice os investimentos necesarios ao longo deste ano para proceder á electrificación das embarcacións que navegan polo ríos Miño e Sil, na Ribeira Sacra.

Con esta medida non so se pretendía contar cun transporte fluvial máis sostible, senón que tamén permitiría reforzar os obxectivos do Plan de Sustentabilidade Turística da Ribeira Sacra e avanzar nas actuacións enmarcadas na súa candidatura a Patrimonio da Humanidade.

Tras lembrar e corroborar con cifras que o compromiso do goberno de España co turismo galego “é continuo”,  a parlamentaria do PSdeG reivindicou que “a Ribeira Sacra merece un esforzo por parte de todos, e especialmente do goberno galego”.

A maiores engadiu que coa aprobación desta proposta socialista “dariámoslle entre todos os grupos un pulo máis a esta fermosa zona que cada vez más visitada polos turistas de toda España e por galegos e galegas”. Porén, e malia os intentos de negociar unha transacción, o Partido Popular negouse a sacar adiante esta proposta.

Leticia Gallego concretou esta solicitude a través dunha proposición non de lei que foi debatida esta tarde na Comisión de Turismo do Parlamento. Alí lembrou que nestes momentos só hai unha embarcación híbrida de 11 prazas, que navega polo río Miño.

Con todo, Gallego reivindicou que todas as embarcacións deberían ser sostibles e a mellor fórmula para logralo é que pasen a estaren electrificadas. “Para que isto poida ser unha realidade”, advertiu a parlamentaria do PSdeG, “necesítase máis financiamento por parte da administración autonómica”.

Na súa intervención, Leticia Gallego tamén recordou que o consorcio de turismo da Ribeira Sacra vai sacar a concurso nos próximos meses, e para que esta elaborado en xullo, a redacción dun plan de mobilidade sostible que teña como obxectivo reducir o impacto ambiental dos desprazamentos de visitantes polo territorio e mellorar a accesibilidade aos lugares de interese. Con esta finalidade preténdense promover incentivos para que se substitúan esas embarcacións ou os seus motores.

Explicou que un dos obxectivos desta iniciativa é “promover o uso do transporte colectivo e do vehículo eléctrico, e limitar ao máximo os desprazamentos en autobuses e coches particulares”. Nesta liña, “a electrificación das embarcacións na Ribeira Sacra completaría o obxectivo  reducir o impacto ambiental no transporte nesta zona”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23