Categorías: Actualidade

Lage Tuñas destaca que teñen en Samuel Lago a un “magnífico candidato” para Cambados fronte a un PP que non ten un “modelo de concello” para as vilas e cidades

O secretario de organización do PSdeG acusa ao PP de agochar aos seus candidatos e non ofrecer “nin unha soa proposta para os problemas da xente”

Samuel Lago presenta o seu programa electoral para o seguinte mandato con grandes proxectos para Cambados como a creación dun novo pavillón multiusos e dunha piscina natural de mareas

16 de maio de 2023. O secretario de organización do PSdeG, José Manuel Lage Tuñas, destacou este martes en Cambado que teñen en Samuel Lago a un “magnífico candidato” para a vila, e que en fronte hai un PP sen “modelo de concello” que ofrecerlle ás vilas e cidades galegas.

Xunto ao alcalde e candidato local, Samuel Lago, Lage Tuñas ofreceu unha rolda de prensa na que puxo en valor o traballo realizado polo goberno local, xa que “hai un antes e un despois” dende que os socialistas chegaron á alcaldía e Cambados “subiuse á locomotora do progreso e da xustiza social”.

Dende a dirección galega queren dar expresamente o seu respaldo ao “cambio de políticas” que están a facer no municipio, así como pedir o apoio da cidadanía para que continúe o proxecto de Lago, “apoiar ao partido socialista é a mellor opción para que Cambados avance”, alegou.

No relativo á actualidade da campaña de municipais no ámbito galego, Lage apuntou que eles preséntanse “con programas de goberno e coa idea clara de que somos o partido que mellor representa á maioría social de Galicia”. “Temos 109 alcaldes e alcaldesas que son a nosa mellor carta de presentación”, engadiu que “Cambados é un bo exemplo do que son as nosas preocupacións na “axuda ás familias, coidado dos maiores, xerar espazos de convivencia, facer concellos máis habitables e que xeren oportunidades”.

Fronte a un PSdeG “serio, solvente e con 144 anos de historia” que non é “ningún invento nin sopas de letras”, ve a un PP que tenta agochar aos seus candidatos. “Vemos que están incómodos e non teñen modelo de concello para as vilas e cidades”, asegurou, ao que tamén apuntou que “non falan dos seus candidatos nin de propostas, falan de cousas que non lle preocupan a ningn cando estamos nunhas eleccións municipais”.

Considera que Rueda “está a outra cousa” e que “aínda non escoitamos unha soa proposta que estea dirixida a resolver problemas” dende o PP. Para el son uns “apóstolos do desastre, da apocalipse”, deixando aos socialistas como “a única formación en disposición de ofrecer solucións a problemas que temos todos temos”, concluíu.

O ALCALDE DA XENTE”

O actual rexedor e candidato á reelección, que sae a esta campaña baixo o lema “o alcalde da xente”, puxo en valor o traballo realizado durante estes anos de goberno, onde desenvolveron distintos proxectos para facer a cidade máis amable con humanizacións e asfaltados, así como ampliación da rede de saneamentos e as melloras nos parques infantís.

Samuel Lago tamén centrou a súa intervención en explicar o seu programa electoral, seguindo a senda marcada pola experiencia de goberno adquirida e seguindo os máximos do modelo de cidade que queren implantar os socialistas galegos. Destacou varios grandes proxectos que teñen para a vila, como a creación dunha piscina municipal de mareas para dinamizar o turismo, ou varios proxectos como a cuberta para a pista de Vilariño ou a construción dun novo pavillón multiusos.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18