Categorías: Actualidade

Lage Tuñas acusa a Rueda de “darlle as costas” á ría de Muros e Noia e sitúa ao PP nun “fin de ciclo” na Xunta

O secretario de organización do PSdeG acude a unha protesta dos veciños da ría fronte San Caetano contra os vertidos da mina de San Finx que afectarían á actividade marisqueira

29 de abril de 2023. O secretario de organización do PSdeG, José Manuel Lage Tuñas, acudiu a unha concentración dos veciños da ría de Muros e Noia contra os vertidos da mina de San Finx que afectarían á actividade marisqueira, “motor económico da comarca” que xera 40.000 empregos entre directos e indirectos. Acusou a Rueda de “darlle as costas” a todos eles, e dixo que é “a constatación de que o PP no seu fin de ciclo na Xunta”.

O xefe do aparato socialista respaldou ás preto de 1.000 persoas que se concentraron diante da sede do goberno galego para dar “un grito de SOS moi claro en defensa dos postos de traballo e da maior riqueza da ría de Muros e Noia”, o seu ecosistema e a súa produción marisqueira.

Lage alertou que ao reactivarse a mina, cos vertidos que chegarían á costa, “están poñendo en risco moitos postos de traballo, un ecosistema fundamental para a vida dos galegos e das galegas e a economía de toda unha bisbarra”, todo isto contando “coa complicidade de Rueda, do PP e do goberno galego”.

Encomiou a loita dos veciños e veciñas desta comarca, defendendo as súas reclamacións como “un pobo que se levanta porque quen ten que escoitar non escoita”. Para os socialistas, a Xunta e o PP “deciden escoitar outros intereses en vez dos da maioría do pobo”, sendo nestas vilas o de “protexer unha das rías máis destacadas de Galicia onde se produce o 60% do berberecho a nivel mundial”.

No relativo ao executivo galego, foco directo das protestas dos cidadáns, Lage cre que están amosando “falta de sensibilidade” e que “viven fóra da realidade”. A súa actitude é para el unha constatación de que “hai un equipo completamente esgotado” que “non sabe ver cales son as reivindicacións dos veciños e veciñas”, sendo unha constatación de que estamos ante “un epílogo, un fin de ciclo do PP á fronte da Xunta”.

Acompañando ao secretario de organización do PSdeG estaban o candidato socialista á alcaldía de Noia, Fran Pérez, o candidato en Outes, Antonio Caamaño, a candidata socialista en Muros, Caridad González, o candidato en Porto do Son, Jorge Romero, así como a deputada provincial Sandra González.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41