Categorías: Actualidade

Lage Tuñas acusa a Feijóo de ser “o responsable directo” do esperpento de Jácome en Ourense e erixe ao PSdeG como única opción para rematar coas “prácticas espurias”

O secretario de organización dos socialistas galegos sinala que “Jácome non caeu dun ovni”, senón que foi posto no cargo polo líder do PP, que agora defenden que goberne a lista máis votada

Destaca ao PSdeG como a “forza confiable” nas eleccións municipais fronte a “inventos e sopas de letras”, que despregará 1.253 actos na campaña en toda Galicia

11 de maio de 2023. O secretario de organización do PSdeG, José Manuel Lage Tuñas, expresou este xoves a súa preocupación diante do “grave deterioro” que se está a vivir la alcaldía de Ourense, da que considera “responsable directo” a Núñez Feijoo, por poñer na alcaldía a Jácome e darlle amparo durante 39 meses ás súas “prácticas espurias”. Por iso, fixo un chamamento á “rebeldía social” da cidadanía ourensá co fin de darlle carpetazo a esta situación “esperpéntica”, apostando pola candidatura de Paco Rodríguez.

Lage Tuñas lembrou que foi o líder do Partido Popular e o seu “subalterno” en Galicia, Alfonso Rueda, os que “fixeron alcalde a Jácome”. “Protexérono e déronlle amparo”, incidiu, e recordou que mentres que Feijóo defendía que gobernara a lista máis votada o que fixo en Ourense foi darlle o goberno á terceira lista. “O PP ten que dar moitas explicacións”, insistiu Lage, que aludiu a Rueda e Feijóo como integrantes da “procesión dos caladiños” polo silencio que gardan sobre este asunto.

“Jácome é un produto do PP”, subliñou Lage, que tamén reproduciu na rolda de prensa un extracto da entrevista feita por un medio de comunicación ao candidato ourensán do PP, Manuel Cabezas, no que di que “votar a Jácome é votar a Baltar”. “Sabemos que hai un PP ‘A’ e un PP ‘B’, e que o se presenta polo PP ‘A’ di que votarlle a Jácome é votarlle ao PP ‘B’, ao de Baltar, co cal son dúas caras da mesma moeda”, sinalou.

Abondou Lage que “Jácome non caeu dun ovni”, senón que foi Feijóo, coa complicidade de Rueda, Baltar e de todo o PP, que o aupou á alcaldía. “É lamentable todo o que está sucedendo e merece un punto e aparte” e engadiu: “Rueda está de prestado, é un señor sen autonomía, se a tivera xa tería tomado algunha decisión” para rematar co desgoberno na cidade.

Fronte a esta situación que cualificou de “esperpéntica” puxo a garantía que aporta o PSdeG para darlle carpetazo “si acada unha maioría suficiente para gobernar”. E engadiu: “O PSOE teno claro, non se pode estar dándolle acubillo a este tipo de prácticas” que se están a ver na alcaldía de Ourense, e insistiu en aludir ás palabras de Cabezas para deixar claro que votarlle a Jácome é votarlle a Baltar e ao PP.

CAMPAÑA DE MUNICIPAIS

O secretario de organización socialista presentou as 1.253 actos de campaña, repartidos entre os 305 concellos galegos nos que presentan candidatura, cifra récord dende a recuperación da democracia. Con esta actividade encaran dúas intensas semanas que comezan na noite do xoves ao venres, coa tradicional pegada de carteis na praza de Mazarelos en Santiago, contando coa presenza do secretario xeral Valentín González Formoso e o Ministro de Sanidade José Miñones, para acompañar ao alcalde e candidato, Xosé Sánchez Bugallo.

Adiantou a presenza de distintos ministros e ministras do Goberno de España nos concellos galegos durante esta campaña para acompañar aos candidatos do PSdeG. Así como estarán o secretario xeral, Valentín González Formoso, así como o Delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, que se suman “percorrendo o país” para axudar a que os socialistas sigan “gobernando a máis da metade da poboación galega”.

O xefe do aparato socialista destacou a liña de traballo do seu partido “dende o comezo da democracia”, baseada na relación directa coa cidadanía. Entende que esa é a “fórmula de éxito que teñen levado ao PSdeG a ser a forza que mellor representa aos concellos e defende aos veciños”.

“A FORZA CONFIABLE”

En contraposición ás candidaturas alternativas, Lage remarcou que eles presentan a nivel municipal “programas de goberno”, subliñando que “non somos ningún invento, nin sopa de letras, somos forza confiable con historia, experiencia e grandes equipos”. Seguiu co símil deportivo ao asegurar que “temos unha gran aliñación e imos saltar ao terreo de xogo cos mellores xogares e as mellores xogadoras para xestionar o dia e día na administración máis próxima aos cidadáns”.

Proseguiu poñendo en valor aos 109 alcaldes e alcaldesas que ten o PSdeG en Galicia, aos que marca como a súa “mellor carta de presentación”, por seren “garantía de boa xestión”. Preguntouse, “quen non quere ter alcaldes como Abel Caballero ou Inés Rey?, por poñer dous exemplos”. Por todo o que expuxo, remarcou que agardan manter o gran respaldo social de hai catro anos e revalidar así o goberno da FEGAMP, que conta “cun gran xestor á fronte como é Alberto Varela”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04