Categorías: Actualidade

Lage defende en Pontevedra a firme aposta do PSdeG polo desenvolvemento das enerxías renovables como vía para manter o pulso do tecido industrial galego

O secretario de Organización dos socialista participa na xornada organizada polos socialistas pontevedreses con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente

Censura o “ecoloxismo de salón” que propugnan algúns e aposta por facer compatible a xeración de enerxía co respecto escrupuloso polo medio ambiente

O secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage Tuñas, participou este venres na xornada organizada polo partido na Casa da Campás da cidade de Pontevedra con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, que terá lugar o domingo día 5, onde defendeu a firme aposta dos socialistas galegos e do seu secretario xeral, Valentín González Formoso, polo desenvolvemento ordenado das enerxías renovables, pois entende que iso supón o paso previo indispensable para garantir o subministro eléctrico a prezos razoables tanto ao tecido industrial como ás familias galegas.

Na súa intervención, Lage salientou que Galicia “ten un gran potencial en materia de enerxías renovables” e emprazou ao goberno da Xunta a que sexa “proactivo” e promova  a participación con capital público en todos os proxectos enerxéticos de carácter estratéxico que se promovan na Comunidade, xa sexa no apartado da enerxía eólica ou do hidróxeno verde.

“O beneficio da xeración de enerxía”, apuntou Lage Tuñas, “debe quedar tamén na esfera pública con fórmulas mixtas onde participe a iniciativa privada”,  as empresas e grupos do sector, que son, en definitiva, os que atesouran o coñecemento e a capacidade de innovación neste eido e que teñen o capacidade, co respaldo da Xunta, de recuperar o papel de liderado que Galicia tivo na enerxía eólica e de poñerse á cabeza no desenvolvemento dos proxectos para a xeración de hidróxeno verde.

“Ecoloxismo de salón”

O responsable de Organización dos socialistas galegos subliñou tamén que “fronte ao ecoloxismo de salón” que practican algúns, o PSdeG aposta por facer compatible a xeración de enerxía, así como a viabilidade da industria e do emprego que leva asociado, co respecto escrupuloso co medio ambiente. Nese sentido, a aposta do PSdeG vai na dirección do desenvolvemento da “enerxías limpas, renovables como é a enerxía eólica, respectando as comunidades locais e facéndoas partícipes dos beneficios da produción enerxética”.

“Aí ten que estar a Xunta de Galicia”, insistiu Lage, co aporte de capital público para implicarse nos novos proxectos enerxéticos de carácter estratéxico que se desenvolvan na Comunidade.

Demandou tamén o secretario de Organización que nesta aposta pola enerxía sustentable, que o PSdeG plasmou no acrodo eólico asinado con sindicatos como UXT Galicia, CC OO, Unión Agrarias e organizacións como Fademur ou Ventonoso, debe contarse cos concellos e tamén cos propietarios dos terreos afectados. Ademais, trátase dunha aposta pola enerxía eólica que primará os proxectos que xeren emprego adicional no rural, que respecten as áreas agrícolas activas e, por suposto, que salvagarden os espazos naturais protexidos, pero tamén os ecosistemas fráxiles.

Logo de que o secretario xeral de UXT Galicia, José Antonio Gómez, emprazara á Xunta a sumarse ao acordo eólico promovido polo PSdeG, Lage Tuñas non dubidou en acusar o PP de poñerse de perfil ante un debate tan importante para o futuro de Galicia, para o seu tecido económico e para a xeración de emprego de calidade. O goberno de Alfonso Rueda ten agora “a oportunidade de camiñar pola senda correcta”, de dialogar co PSdeG para poñerlle freo aos proxectos especulativos co noso territorio e apostar polo único modelo que fai compatible a xeración de enerxía e o empuxe económico co coidado do medio ambiente.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18