Categorías: Actualidade

Julio Torrado sinala que a sentenza sobre o paciente falecido no PAC da Estrada “evidencia unha xestión ineficiente a base de truquear o sistema”

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, sinalou hoxe no Parlamento que a sentenza sobre o paciente falecido no PAC da Estrada sen atención médica “evidencia unha xestión ineficiente para tapar os seus erros a base de truquear ao sistema”. Así o dixo na comparecencia da directora xeral de Planificación, hoxe en Comisión parlamentaria.

O responsable socialista recoñeceu a “tenacidade” da familia para que se coñeza a realidade do que aconteceu na Estrada, que evidencia que “o Sergas realiza unha xestión que causa problemas graves”, cunha sentenza que deixa aberta a porta á familia para reclamarlle ao Sergas pola súa xestión.

Julio Torrado apuntou que este novo paso “pon en evidencia un modelo de xestión pensado para intentar salvado e non para as solucións que melloren á atención sanitaria”, e que supuxo unha “consecuencia fatal” no caso do paciente de A Estrada que o PP “intentou silenciar neste Parlamento” no que foi unha “actuación fraudulenta coa conciencia”.

Así o dixo na comparecencia da responsable de Planificación do Sergas á que acusou de “dar voltas como un trompo sobre a mesma historia sen avanzar” para mellorar a Atención Primaria, logo dunha comparecencia supostamente convocada para dar conta de reformas previstas na Atención Primaria, pero que “veu a atacar á oposición”, lamentou Torrado.

O responsable socialista lamentou que o goberno galego optara por unha “posición frontista” para agochar as consecuencias sobre a Atención Primaria da “política do desleixo” do goberno galego nos últimos anos, e reclamou “volver ao diálogo” e á busca de acordos. Lamentou que “prefiran desmentir á oposición, pero nós preferimos que atopen solucións” reforzando a formación de profesionais, reforzando os recursos e “coidalos laboralmente”.

Maltrato laboral

Alertou de que a situación actual deriva de anos de rebaixa na formación de profesionais que se atopaban cunha situación de “maltrato laboral”. Sinalou que “por moito que gañen o titular de mañá, moita xente seguirá indo ao Centro de Saúde a esperar o que nunca na vida esperou, sen entender como pode ir o cen por cen do público a ver un partido de fútbol pero non poidamos recuperar a presencialidade a niveis prepandemia”.

Torrado desmentiu a intervención do goberno puntualizando que os orzamentos de Atención Primaria si que diminuíron, pasando de 1.391 a 1.389 millóns de euros entre 2021 e 2022. Lembrou ademais que Feijóo “calaba cando Rajoy só permitía 92 prazas MIR de Medicina Familiar e Comunitaria en 2017 e protesta agora cando levamos catro anos coa convocatoria de MIR máis altos da historia, con 142 prazas habilitadas só para 2022”.

O responsable socialista criticou as reivindicacións do mesmo Feijóo cando Galicia dispón dun 50 por cento máis de prazas que cos gobernos de Rajoy, dixo, e a pesares de ter renunciado a convocar un total de 150 prazas das que tivo dispoñibles nos seus anos de goberno.

Atención Primaria vertebradora

Torrado lembrou que a propia responsable de Planificación firmara no seu día o documento “Por unha Atención Primaria vertebradora” antes de entrar na Consellería, e hoxe recoñeceu que o seu papel é “distinto”. O parlamentario socialista sinalou as propostas do Grupo Socialista acorde con aquel documento que foran desbotadas reiteradamente polo PP e o goberno galego, e engadiu que “desmentirnos a nós é desmentir á López – Pardo que hai 3 anos asinou aquel documento”.

Neste sentido, lembrou as propostas de cara a incorporar a Saúde Mental á Atención Primaria, a incorporación de profesionais á triaxe, incorporar administrativos á Atención Primaria, incentivar prazas de difícil cobertura ou negociar cos sindicatos a incorporación de novas categorías laborais, e que moitas delas están sendo aceptadas parcialmente pola vía dos feitos.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41