Categorías: ActualidadeNovasParlamento de GaliciaPortada

Julio Torrado pídelle á Xunta que cumpra o acordo parlamentario aprobado por unanimidade en 2015 para mellorar o tratamento e a atención ás mulleres con endometriose

Lamenta “o desleixo e desinterese” da Consellería de Sanidade que, 7 anos despois, foi desbotando de maneira sucesiva todos os compromisos adquiridos

O voceiro de sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, levará unha batería de iniciativas ao Parlamento para reclamarlle á Xunta que cumpra os compromisos aprobados por unanimidade no ano 2015 –a instancias do PSdeG- para mellorar o tratamento e a atención ás mulleres con endometriose no sistema público de Galicia.

Torrado lembra que o acordo adoptado o 22 de abril de 2015 promovía diversas accións que comprometían unha liña de acción implicada coa difusión desta enfermidade e a apertura de maiores posibilidades e accesibilidade ao tratamento. Ao mesmo tempo, elevaban a relevancia que a esta afectación se lle outorgaría dentro do sistema público de saúde de Galicia.

Porén, todos os acordos comprometidos entón “foron desbotados de maneira sucesiva pola dirección da Consellería de Sanidade, amosando un desleixo e desinterese pola cuestión”. Así, “a realidade”, lamenta o deputado socialista, “é que 7 anos despois a avaliación do cumprido por parte do goberno da Xunta de Galicia é a todas luces insuficiente, e non reflicte a relevancia que inicialmente foi demandada polo Parlamento”.

E iso malia que durante estes 7 anos houbo diversas iniciativas parlamentarias alertando sobre o incumprimento e que “foron insuficientes para que existisen explicacións ao respecto e sendo nalgúns casos rexeitadas polo PP, que inicialmente apoiara os acordos”.

Nesta liña, advertiu, por exemplo, de que seguen a atoparse retrasos diagnósticos ante esta doenza. Isto é froito dalgúns incumprimentos, como o adquirido para a difusión da “Guía de coidados” do Ministerio de Sanidade, que unicamente está publicada na web do SERGAS, “pero nin sequera na súa actualización de 2019”. Ademais, o goberno galego tampouco colaborou na elaboración de campañas para fomentar o coñecemento sobre a doenza en mulleres de idades máis novas, ata o punto de que “esta labor é asumida de maneira plena e sen axuda polos colectivos de mulleres afectadas”.

A maiores, Julio Torrado tamén lamenta que o Plan de Detección Precoz da Endometriose, comprometido para iniciarse nun prazo de 6 meses en abril de 2015, “non da sinais de presencia nin é unha realidade de facto”. Tampouco foi completada aínda a creación de unidades especializadas en cada área sanitaria, incluso malia terse reducido as áreas sanitarias en Galicia das 11 existentes entón ás 7 actuais.

Finalmente, entre os incumprimentos, Julio Torrado tamén fai fincapé en que o goberno de Galicia tampouco promoveu ningunha iniciativa ou aposta por avances na investigación e coñecemento da enfermidade dentro do sistema público sanitario e investigador de Galicia. Desta maneira “deixa as posibles melloras en mans de iniciativas privadas ou persoais dos profesionais da investigación en saúde”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23