Categorías: Actualidade

Julio Torrado leva ao Parlamento a demanda dos profesionais sanitarios dunha ambulancia permanente con servizo as 24 horas con base na comarca do Deza

Julio Torrado denuncia que a Xunta cambia de postura respecto deste tema en función de quen goberne en Lalín en cada momento

O voceiro de sanidade do grupo socialista, Julio Torrado, trasladou este xoves á cámara galega a petición dos profesionais sanitarios para que se poña unha segunda ambulancia de forma inmediata e con base permanente na comarca do Deza que ofreza servizo durante as 24 horas.

A iniciativa que reclamaba actuar respecto desta vella reclamación dos profesionais sanitarios da afectados, compartida polos socialistas e gran parte da veciñanza, foi finalmente rexeitada na comisión parlamentaria de sanidade ao recibir o voto en contra dos representantes do Partido Popular.

O socialista remarcou que esta comarca sofre algunhas eivas importantes a nivel sanitario, en especial na atención primaria. Entre elas enumerou a falta de persoal, que leva a un déficit asistencial durante longos períodos debido a que “non sempre se cobren as baixas”, algo que denuncia que “depende de quen goberne no concello onde hai necesidade de cubrir esas baixas”.

Explicitou que a demanda en concreto é que se estableza unha ambulancia, a poder ser medicalizada, con base permanente na comarca do Deza, que ofreza un servizo durante as 24 horas e isto se faga de maneira inmediata.

Xustificou esta necesidade en que na actualidade hai soamente unha ambulancia que da este servizo para unha comarca cunha importante masa poboacional e que está moi dispersa, ademais de estar bastante lonxe do hospital de referencia da súa área sanitaria en Santiago. Isto leva a que a zona está desasistida durante o longo período de tempo que tarda a única ambulancia que hai en recoller ao paciente, ir ata Santiago e volver.

Fixo un percorrido histórico do posicionamento do PP durante os últimos anos nos que “bailaron á conga”, que comeza antes do 2019 cando pensaban que “non era necesario nada”, pero incluíron a promesa da nova ambulancia medicalizada no programa electoral do PP de Lalín dese ano, para volver a sinalar que non facía falta nada no 2020, pedir unha “sanitarizada” no 2022 e agora matizar que sanitarizada pero con servizo só durante 12 horas.

O debate tamén atendeu ao novo centro de saúde que se está construíndo en Lalín, do cal criticou os cambios de decisión da Xunta en función dos cambios de goberno na capital do Deza, xa que deixou de ser “prioritario” para o goberno galego cando o PP perdeu a alcaldía.

Torrado remarca que de momento o que teñen en Lalín é o centro de saúde actual, do que resalta que ten unhas condicións de recursos e espazos “francamente mellorables, por ser suaves”. Entende que o novo centro de saúde non pode ser unha escusa para cubrir todas as necesidades actuais do municipio e da comarca en materia sanitaria.

Finalizou lamentando que as palabras do PP “veñen polo aire e van polo vento” polo que emprazou aos parlamentarios do PP a que asuman garantías por escrito de que se cumprirán todas as promesas do seu goberno, así como que asinen un manifesto onde se subscriban as demandas que teñen os profesionais sanitarios.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18