Categorías: Actualidade

Julio Torrado esíxelle á Xunta que garanta o cumprimento “en plenitude de condicións” da Lei de Eutanasia

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, presentou unha proposición non de Lei para esixirlle á Xunta que garanta o cumprimento da Lei de Eutanasia “en plenitude de condicións” no territorio galego. Torrado reclamou para iso “as actualizacións e adecuacións necesarias no sistema legal e sanitario de Galicia” no debate dunha proposta que foi presentada hoxe pero será votada mañá mércores.

O responsable socialista explicou que esta nova norma “respecta a liberdade e a vida”, e sinalou que “poucas cousas garanten máis a liberdade e a vida que escoller cómo rematar co sufrimento”, e acusou ao PP de emendar a proposta debatida hoxe con disposicións pensadas “para que non se aplique”. Reclamou por iso que garantan a posibilidade de exercer o dereito en Galicia “en plenitude de condicións”.

Julio Torrado explicou que a Lei estatal obriga ás comunidades autónomas, incluída Galicia, a constituír unha Comisión de Avaliación, encargada de recibir e avaliar as peticións, e sinalou que o goberno galego ten 3 meses para poñer en funcionamento esta Comisión, cando a Lei entre en vigor.

Torrado puntualizou que “poden non estar de acordo coa Lei, pero non poden non aplicala ou dificultar a súa aplicación” como fan, dixo, coa Lei de Interrupción Voluntaria do Embarazo. O mesmo sucede, dixo, coa Lei autonómica de dereitos dos enfermos terminais, aprobada en 2015 e que aquel mesmo ano a Xunta se resistiu a aplicar nun coñecido caso no Hospital de Santiago de Compostela, “baixo o paraugas do entón presidente, Núñez Feijóo”.

Acusou ao goberno galego de “incumprir e torpedear” estes dereitos “provocando unha burocratización demasiado ampla”, que provoca que Galicia teña hoxe o menor rexistro de testamentos vitais de todo o Estado, cando o apoio en Galicia é semellante a outras autonomías. Por iso incorporou á súa proposta unha petición expresa para facilitar a recollida e aceptación do “documento de instrucións previas”, que é como se denomina ao testamento vital.

Así, propuxo que poida recepcionar o documento un profesional sanitario á escolla do solicitante, sempre que aquel acepte voluntariamente ser o receptor, e pediu abrir a posibilidade de dialogar coas entidades implicadas para mellorar o testamento vital, permitindo a súa modificación “para ser máis explícito e facilitador das decisións no caso de ter que ser aplicado”.

Torrado replicoulle ao PP que “non é que este novo dereito chegue rápido, de feito chega tarde” logo de décadas de debate e cando conta cun apoio social masivo, de ata o 85 por cento da poboación. Sinalou que a demanda “non é que non sexa maioritaria, é demasiado maioritaria para que non o fixéramos antes”, e por iso a Lei de Eutanasia foi apoiada por tódolos grupos do Congreso agás PP e Vox, e lembrou que “un dereito non obriga, senón que permite escoller”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08