Categorías: Actualidade

Julio Torrado denuncia a falla de investimento da Xunta nos portos de Galicia

Lamenta que a Xunta non investise “nin un só euro” despois de ter orzamentado a partida de conservación, construción e explotación portuaria en máis de 10 millóns de euros

O voceiro de Pesca do Grupo Socialista, Julio Torrado, vén de denunciar a falla de investimento da Xunta nos portos de Galicia. Fíxoo, hoxe, a través da presentación dunha pregunta na Comisión de Pesca do Parlamento, logo de verificar que durante o primeiro trimestre do ano, o goberno galego non investise “nin un só euro” e cando dispón dunha partida orzamentaria de máis de 10 millóns de euros para esta cuestión.

Isto supón, subliñou, un “desleixo de difícil explicación” para unha administración que debe xestionar o mantemento e conservación dos portos, así como unha “falla de rigorosidade” e un “exercicio laxo” na execución da partida de conservación, construción e explotación portuaria por parte do goberno galego.

Neste senso, Torrado lamentou que unha execución de “cero euros” só pode significar dúas cousas: “ou que non fixo falla investir nin un só céntimo en mellorar os portos galegos”, o cal “é difícil de crer”; ou “que o goberno galego é tan conformista como que non foi quen de investir nin un só euro desta partida”.

Ao fío disto, o responsable socialista cualificou a situación de “preocupante” e destacou que “non sabemos que vai pasar o resto do ano porque estamos no mes nove –setembro- e aínda non sabemos o gasto que se executou ata metade do ano”.

Aproveitando as circunstancias, o voceiro socialista propuxo diversas “ideas” á Xunta “por se non as teñen”. Así, destacou na necesidade de “mellorar” os terreos portuarios no Grove e Cambados; adecuar o edificio da confraría de Vilanova; crear un pantalán para o porto deportivo de Cedeira; realizar o mantemento dos accesos e terreos portuarios de uso urbano en Cariño; ou o “axeitamento” do miradoiro de Limosa en Burela.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08