Categorías: Actualidade

Juan Carlos Francisco acusa a Feijóo de “mirar para outro lado” diante das graves irregularidades detectadas polo Consello de Contas na Deputación de Ourense

O parlamentario socialista Juan Carlos Francisco reclamoulle hoxe a Feijóo que “deixe de mirar para outro lado” fronte ás graves irregularidades sinaladas polo Consello de Contas na fiscalización do exercicio de 2018 da Deputación de Ourense,  que vén de ser coñecido. Francisco presentou unha proposición non de Lei no Pleno do Parlamento para reclamar criterios obxectivos no reparto de axudas e contratos do ente provincial, que foi rexeitado polo PP.

O responsable socialista reclamou unha “reacción inmediata” por parte do goberno autonómico, que debe “velar pola boa administración dos fondos públicos dende o momento en que a institución provincial nútrese fundamentalmente de transferencias correntes”, que supoñen o 75 por cento do seu orzamento.

Criticou a actitude silente do presidente da Xunta, “permitindo pactos de goberno letais –segundo el mesmo cualificara ao alcalde de Ourense, Jácome, antes de que o PP apoiara a súa investidura- na terceira cidade de Galicia a cambio de manter unha estrutura de poder clientelar e caciquil a través da Deputación de Ourense unicamente para garantir votos electorais”. Francisco amosou unha listaxe con 250 afiliados do PP vencellados laboralmente á Deputación.

O informe do ente fiscalizador alerta de “defectos graves” que “impiden considerar as contas remitidas pola Deputación como rendidas”, e sinala que o 84 por cento das subvencións foron concedidas en contra dos principios de publicidade e transparencia. Ademais, 8 de cada 10 contratos foron outorgados a dedo, sen publicidade nin concorrencia competitiva, e o 70 por cento dos contratos menores foron adxudicados a 5 empresas, algunha delas “do fillo dun alcalde do PP”.

Juan Carlos Francisco da a luz de alarma diante dun documento que constata “millóns en créditos non orzamentados –ao modificar 30 millóns de euros de crédito no transcurso do exercicio-, facturas fora de prazo, subvencións sen control e contratos a dedo, na súa maioría para unhas poucas empresas privilexiadas”.

Todo isto, engade, “aderezado coa pervivencia dun réxime secular de contratación de persoal caracterizado polo enchufismo, onde o 71 por cento do cadro de persoal da Deputación é persoal laboral, e onde a inmensa maioría se corresponde con familiares directos de cargos do PP”.

Voto en contra do PP

O parlamentario socialista lamentou que o PP se opuxera a esta iniciativa que reclamaba establecer criterios obxectivos e de concorrencia competitiva para adxudicar subvencións públicas e contratos públicos convocados dende o ente provincial- Ademais, reclamaba o cumprimento da legalidade para facer públicos no Portal de Transparencia os contratos, subvencións e convenios asinados pola Deputación.

Tamén reclamaba que a Deputación siga o exemplo do resto dos entes provinciais de Galicia e aprobe, conxuntamente co orzamento de 2022, o Plan Único de Cooperación, no que “un terzo do seu orzamento se distribúa de xeito equitativo, obxectivo e xusto entre os concellos da provincia”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41