Categorías: Actualidade

Grupo Socialista alerta de que a decisión da Xunta de impedir o asesoramento legal na xunta xeral da Confraría de Cambados provoca inseguridade xurídica en tódolos pósitos galegos

Julio Torrado acusa ao goberno galego de “provocar un problema” alí onde queren ter “control férreo das confrarías” e pídelle que lles permita funcionar “libremente e sen inxerencias”

O parlamentario socialista Julio Torrado alertou hoxe de que a decisión da Consellería do Mar de impedir que a xunta xeral da confraría de Cambados contara con asesoramento legal deriva nun problema de inseguridade xurídica en tódolos pósitos galegos. O responsable socialista presentou unha pregunta oral na Comisión de Pesca do Parlamento por unha decisión da Xunta que “non ten pés nin cabeza”.

Torrado lembrou que a confraría viña contando coa participación dun asesor legal dende 2014, pero a Xunta “creou un problema xusto cando cambiou de patrón maior, días antes de que se presentara unha moción de censura cun candidato do PP contra unha persoa que lles gañou o 95 por cento dos xuízos”. Advertiu que “non é que non queiran que estean asesorados, senón que estean asesorados por quen vostedes decidan”.

O parlamentario socialista advertiu que con esta decisión “van estender a sombra sobre o resto das confrarías” que si que contan con asesoramento ao igual que o resto das institucións, e citou ao Parlamento, os plenos dos concellos e ás empresas privadas. Agora, dixo, como a Consellería “non quere que tomen decisións con toda a información posible”, resulta que “os patróns maiores teñen a incerteza de saber se as decisións que van tomar poden ser revocadas”.

Acusou ao PP de “montar un entramado para boicotear e dificultar o traballo nas confrarías que non lles gustan”, mentres a Consellería do Mar actúa como “brazo armado” para “asaltar” os pósitos. Criticou que a representante da Consellería dixera hoxe que os asesores legais “queren dirixir as confrarías”, o que é “mentira”, ademais dunha “falla de respecto” cos patróns maiores e ademais é o mesmo argumento que “algúns dos presentes” na xunta xeral de Cambados.

Dixo que o goberno galego “provoca un problema” onde quere ter “control férreo das confrarías”, e reclama que lles permita funcionar “libremente e sen inxerencias”. Emprazou á Xunta a “respectar a democracia” dos órganos representativos do sector da pesca, mesmo “cando opinan cousas distintas”, xa que no caso de Cambados, advertiu, “se non é inquina, ben o parece”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18