Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero ve “unha falla de respecto aos galegos” que Feijóo non aclare “se consentiu unha caixa B no PP de Galicia” como apuntou Bárcenas en sede xudicial

O secretario xeral amosa a súa “preocupación” ante a “corrupción” do PP, o día no que comparecen Aznar e Rajoy no xulgado: “a Gürtel emerxeu en Galicia e a última operación da caixa B do PP tivo a súa orixe en Galicia”

O líder socialista subliña que “a corrupción é unha traizón á confianza da cidadanía”: na operación Kitchen desapareceu a contabilidade do PP de Galicia, pero Feijóo dice que, como hai pandemia, a corrupción non importa

O voceiro do PSdeG desconfía dos bandazos de Feijóo ao anunciar un consello da Xunta para aprobar proxectos europeos “en vésperas da xuntanza coa oposición na procura dun pacto”: “é un intento de despistar para non falar da corrupción do PP

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, levou hoxe ao pleno do Parlamento a conexión galega coa caixa b do PP na etapa na que Feijóo xa era presidente do partido en Galicia, tal e como declararon tanto Bárcenas como o ex-xerente do PP Cristóbal Páez ante a Audiencia Nacional.

“Ambos confirmaron que a última operación da caixa b do PP foi un pago en efectivo de 50.000 euros no ano 2010 que procedía do PP de Pontevedra -presidido entón por Rafael Louzán- e que foi repartido en dous sobres entregados a Rajoy e a Cospedal”, relatou Gonzalo Caballero antes de esixir a Feijóo que aclare se “consentiu unha caixa b” no PP galego.

O mesmo día en que comparecen en sede xudicial os ex-presidentes do goberno do PP, José María Aznar e Mariano Rajoy, pola caixa b, o líder do PSdeG amosou a súa “preocupación” ante estes feitos acreditados xa          pola sentenza da Gürtel, que sinalou ao PP como “partícipe a título lucrativo” dun “auténtico e eficaz sistema de corrupción institucional”.

Dende a óptica de que “a corrupción é unha traizón á confianza da cidadanía”, Gonzalo Caballero advertiu de que en tempos de crise “a exemplaridade ten que ser máis nidia que nunca”. “Debemos á cidadanía un compromiso firme contra as prácticas corruptas, un compromiso coa exemplaridade e a limpeza e tamén coa transparencia fronte ás sombras de corrupción”, recalcou.

Por iso, o voceiro socialista reclamou a Feijóo explicacións, logo de sinalar que o ex-secretario de Organización do PPdeG Pablo Crespo foi “protagonista” do caso Gürtel, e condenado por iso xunto con Bárcenas; que Luis Fraga, sobriño do fundador do PP, recoñeceu que “cobrou” en sobres; e que “a única contabilidade subtraída a Bárcenas foi a do PP de Galicia, como figura na Kitchen.

“Alguén se preocupou de tapar o que pasou no PP de Galicia”, remachou Gonzalo Caballero, e reclamou a Feijóo a súa opinión ao respecto. “Os galegos e as galegas queren saber que di o presidente da Xunta das operacións Gürtel, Bárcenas e Kitchen e da súa vinculación co PP de Galicia”, concluíu.

“UNHA FALLA DE RESPECTO”

A negativa de Feijóo a aclarar a existencia dunha caixa b no PPdeG é “unha enorme irresponsabilidade”, en palabras de Gonzalo Caballero, quen lle reprochou que tentara botar man da pandemia para obter “impunidade” ante as sospeitas de corrupción que se cernen sobre o PP galego cando el xa dirixía o partido.

“Non dar resposta é unha falla de respecto a Galicia e tamén aos tribunais, que xa decretaron que o PP tiña un auténtico e eficaz sistema de corrupción”, enfatizou o máximo responsable do PSdeG, ao tempo que lamentou que Feijóo prefira actuar como “cómplice” da noticia que está “nos medios de todo o mundo”: dous ex-presidentes do goberno declarando ante a Xustiza por corrupción.

“Non está á altura do que se espera dun presidente da Xunta”, sentenciou Gonzalo Caballero, consciente de que a Gürtel “emerxeu en Galicia” da man de Pablo Crespo e de que a caixa b do PP que está sendo xulgada agora mesmo “empezou e rematou en Galicia”, pois segundo Bárcenas a última operación de diñeiro negro “saíu do PP de Pontevedra cara os petos de Rajoy e Cospedal”.

PROXECTOS EUROPEOS

Por iso desconfiou o dirixente do PSdeG da “fuxida cara adiante” de Feijóo ao anunciar hoxe a aprobación de proxectos para optar a fondos europeos, unha manobra que supón “unha cortina de fume” para esquivar as preguntas sobre a corrupción no PPdeG.

Máxime, como dixo Gonzalo Caballero, cando o anuncio chega dous días antes da xuntanza programada coa oposición “na procura de diálogo e acordo” pola reconstrución de Galicia como consecuencia da crise da covid.

PABLO ARANGÜENA

O viceportavoz do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, presentou esta mesma mañá unha interpelación sobre a implicación do PP galego nas causas seguidas pola Audiencia Nacional, que o propio Feijóo recoñecera na súa resposta “cando dixo que Bárcenas deshonestamente quere manchar ao PPdeG”. Arangüena cualificou de “máis que curiosa” esta intervención, por canto “non sabíamos que Bárcenas tivera unha especial animadversión polo PPdeG”.

O responsable socialista afeoulle ao presidente da Xunta sinalando aos contratos co bipartito das empresas implicadas no financiamento irregular do PP galego, entregando 2 millóns de euros cando Feijóo era presidente do partido. Cualificou de “altamente sorprendente” esta afirmación, pola que “queren dicir que as empresas pagaron mordidas ao PP por ter contratos co goberno” de PSdeG e BNG.

Sinalou que o presidente da Xunta “non deu ningunha explicación minimamente convincente” mais alá de “relativizar o que coñecemos hoxe, das probas e indicios de que a Gürtel e a Kitchen pasan por Galicia e rematan aparentemente en Galicia”. Subliñou así ao pago de 50.000 euros en b do PP de Pontevedra a Rajoy e Cospedal en 2010, cando Feijóo levaba 4 anos dirixindo o partido e xa era presidente da Xunta.

Engadiu que o responsable do PP de Pontevedra daquela era Rafael Louzán, recentemente condenado xunto coa delegada da Xunta, nomeada por Feijóo cando xa estaba imputada. Lembrou a declaración do ex secretario de Organización do PP galego tamén condenado, Pablo Crespo, que recoñecía no Congreso que este partido estaba “implicado ata as cachas na financiación ilegal”.

Pablo Arangüena sinalou que “non son xente de paso, levan aí dende o minuto cero, e os casos Bárcenas e Gürtel implican ao PP no sistema de saqueo do Estado” do que “non deron a máis mínima explicación máis que negalo todo”. Reclamou que “digan algo minimamente crible e coherente” e advertiu de que “presumiblemente vai haber máis e vanse saber máis cousas”, nas causas que aínda permanecen abertas na Audiencia Nacional.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27