Categorías: ActualidadeActualidade do partido

Gonzalo Caballero ve nos orzamentos do Estado “unha labazada a Galicia” que mostra que Feijóo “non ten forza nin interese” en defender á comunidade

-O secretario xeral do PSdeG censura que “a tarta” aumente un 17% mentres “o anaco” de Galicia só crece un 1%, un feito no que Feijóo é “cómplice” de Rajoy

-O líder dos socialistas galegos denuncia que a programación plurianual que acompaña aos orzamentos deixa en evidencia que a chegada do AVE a Galicia non estará “ata 2025”

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, denunciou este mércores que os orzamentos do Estado supoñen “unha labazada a Galicia”, á que “só se lle permite” un incremento do 1,3% fondos que recibe pese a que a contía global medra un 17%.

“A tarta aumenta un 17% e o anaco de Galicia só un 1%”, evidenciou o líder dos socialistas galegos para ilustrar a “perda de posición relativa” de Galicia fronte ao resto de autonomías. E este feito, como sinalou, pon ás claras que Feijóo “non ten nin forza nin interese” en defender á súa comunidade mentres “o pacto de Ciudadanos con Rajoy marxina a Galicia”.

O “desgusto” do PSdeG con estas contas, en palabras de Gonzalo Caballero, vese agravado ao ter en conta que o goberno do PP executa moi por debaixo do que orzamenta, como proba o feito de que nos últimos catro anos non gastou máis de 2.000 millóns de euros que estaban consignados para Galicia.

“O PP non é fiable cando orzamenta para Galicia”, advertiu, antes de exemplificar cos datos da Intervención Xeral do Estado que o goberno apenas executou menos da metade dos 1.363 millóns de euros que consignou para esta comunidade en 2016.

Por tanto, ante unhas contas que “deixan a Galicia relegada” mentres os fondos se destinan a outros territorios e que supoñen para esta comunidade unha contía “moito menor” do que destinaban os socialistas “nos peores anos da crise”, Gonzalo Caballero demandou “un non” dos deputados socialistas no Congreso aos orzamentos.

FEIJÓO É “COMPLICE”

A continuación, o líder do PSdeG puxo o foco en que Feijóo é “cómplice” de Rajoy nesta “labazada” que recibe Galicia, unha comunidade á que “lle vai mal” cando goberna a dereita en Madrid.

Como proba, exhibiu os datos do propio Ministerio de Facenda sobre as inversións en Galicia: dos 1.045 millóns de euros do último ano de José María Aznar en 2004 acadáronse cotas de 2.116 millóns que agora, en 2018, caen ata os 936. “O retroceso é significativo”, denunciou Gonzalo Caballero.

“O PP se esquece de Galicia” resumiu, e sumou á falta de inversións nesta comunidade que a política social non aumenta na mesma medida que o PIB e que a dereita rexeita ligar por lei a subida das pensións, polo menos, co IPC.

CHEGADA DO AVE

Outro dato preocupante que achegou o secretario xeral do PSdeG é o relativo á chegada do AVE a Galicia, comprometido para finais do 2019, pero que na programación plurianual que acompaña os orzamentos retrásase “ata 2025”.

Trátase da liña Olmedo-Lubián-Ourense, “ralentizada” pola “non execución” do goberno de Rajoy, pero no caso do tramo Ourense-Vigo por Cerdedo o prazo alóngase ata 2026. “Está esquecido das prioridades da dereita”, concluíu Gonzalo Caballero.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41