Categorías: Actualidade

Gonzalo Caballero urxe á Xunta a “apostar” pola sanidade pública “con fondos, compromiso e cunha nova política de persoal” ante a “gravísima e preocupante” situación á que abocou á Atención Primaria

Avoga por un “gran acordo” en sanidade “para que na Galicia poscovid non se volva pechar a Atención Primaria nos centros de saúde” porque “o que pasou nos 14 da área de Vigo amosa o fracaso das políticas do PP en sanidade”

Critica que Feijóo convertese a Primaria “na irmá pequena, na de menos compromiso” da sanidade pública: “o tempo e cando hai 60.000 persoas contaxiadas de covid amosan que isto é un problema”

O portavoz parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, urxiu hoxe á Xunta, durante a celebración da Deputación Permanente no Parlamento, a “apostar” pola sanidade pública “con fondos, compromiso e cunha nova política de persoal” ante a “gravísima e preocupante” situación á que a Xunta abocou á Atención Primaria.

“Temos que chegar a un gran acordo para conseguir abrir unha nova etapa para que na Galicia poscovid non se volva pechar a Atención Primaria nos centros de saúde” porque o que pasou na área de Vigo “amosa o fracaso das políticas do PP en sanidade”, sentenciou o dirixente socialista quen sinalou que, dada a situación actual, “debería ter comparecido xa o conselleiro de Sanidade”.

Malia isto, subliñou que “se a situación non evidencia mellorías claras, debería comparecer tamén o presidente da Xunta para explicar o que está ocorrendo na atención sanitaria” cando hai problemas “graves” nos centros de saúde de todas as bisbarras galegas e despois de que, durante o Nadal, a Consellería “dese a orde” de pechar as consultas en 14 centros de saúde da área sanitaria de Vigo, “restrinxindo os dereitos de atención sanitaria aos galegos e galegas”.

“Hai que facer unha política sanitaria distinta”, incidiu Gonzalo Caballero, xa que “cada día que pasa é un día no que a Xunta non contrata aos reforzos de persoal” e “os galegos e galegas merecen algo mellor, xa que teñen dereito a ser atendidos na sanidade pública”.

Á VOLTA Á PRESENCIALIDADE NA PRIMAIRA, UN “FRACASO”

Doutra banda, o dirixente socialista cualificou de “fracaso” á volta á presencialidade na Atención Primaria cando o obxectivo do Sergas era incrementala ata un 60% e, durante o pasado mes de decembro, as consultas presenciais nos centros de saúde tan só foron o 39% en toda Galicia.

Neste sentido, o voceiro socialista criticou a política sanitaria do goberno galego cando Galicia é “a décima comunidade en gasto en sanidade por habitante”, xa que destina só 1.702 euros por persoa fronte ao investimento doutras comunidades como Asturias onde dedican 1.958 euros.

“É hora de mudar esta cuestión e tamén de que o PP explique por que do fondo covid que chegou a Galicia só se dedicou un 42% a sanidade mentres no conxunto de España dedicaron un 52% a esta materia”, incidiu.

Ao fío disto, o voceiro socialista censurou a “falla de compromiso coa Atención Primaria” da Xunta, xa que reduciron os orzamentos nesta materia con respecto ao ano anterior e cando estes “aínda son máis cativos que os que había en 2009 cun goberno de progreso en Galicia”. Así, lembrou tamén que o Sergas ten “case 1.000 profesionais sanitarios menos en Atención Primaria que no ano 2009” cando gobernaba Emilio Pérez Touriño.

“Mudaron o modelo de prioridades na sanidade pública e converteron á Atención Primaria na irmá pequena, a de menos compromiso, e o tempo e 60.000 persoas contaxiadas están amosando que isto é un problema”, sentenciou.

A SANIDADE, “O GRAN RETO” DE GALICIA XUNTO Á RECUPERACIÓN ECONÓMICA

Por último, o voceiro socialista incidiu en que a sanidade pública “é o gran reto” de Galicia para esta lexislatura “xunto á recuperación económica”. Por iso, urxiu á Xunta a levar a cabo un plan de reforzo do persoal sanitaro e a ofrecer “boas condicións laborais” aos profesionais do Sergas, xa que moitos “viven na precariedade”, tal e como denunciou o Consello de Contas.

Con todo isto, o socialista defendeu “unha sanidade pública forte para a Galicia do século XXI que dea garantías en igualdade para facer fronte aos riscos da covid, doutras enfermidades e ás eivas sanitarias”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08