O secretario xeral sinala que os alcaldes e alcaldesas da Mariña reclaman información e medidas a un presidente da Xunta que está ausente
O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, reclamou por carta a Feijóo, no día de onte, que informe da situación da covid na Mariña lucense e que tome medidas para conter a propagación do virus nesta área.
Así o dixo logo de contactar cos alcaldes e alcaldesas socialistas da bisbarra, cos que Feijóo non mantivo ningún contacto dende que se coñeceu o rebrote; unha falla de transparencia e información que Feijóo mantén así mesmo co principal partido da oposición.
As informacións dispoñibles son moi graves porque estímanse cerca de cen contaxiados e un millar de confinados, pero os alcaldes e alcaldesas carecen de información detallada e suficiente, subliñou Gonzalo Caballero, quen xa remitiu a misiva a Feijóo para urxir a que informe e tome as medidas oportunas, porque ata agora non aportou información e non houbo xestión fronte aos rebrotes.
“A Xunta ten as competencias para actuar en caso de rebrote e os alcaldes sinten que ata agora nada se fixo”, apuntou o secretario xeral do PSdeG, quen incidiu na ausencia de información da que adolecen os veciñ@s e os propios alcaldes socialistas da Mariña de Lugo.