Categorías: Actualidade

Gonzalo Caballero sinala que o IES de Brión constitúe “a punta do iceberg” da falla de aposta pola educación pública de Feijóo

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, apuntou hoxe que o Instituto de Brión constitúe “a punta do iceberg da falla de aposta pola educación pública por parte de Feijóo”. O líder dos socialistas galegos visitou hoxe o centro no que os pais e alumnos se teñen pechado en protesta pola negativa da Xunta a reforzar a plantilla de profesores acorde co incremento de alumnos.

Caballero acusou ao PP de estar “desfigurando a educación pública galega” a través do recorte de persoal, cando non directamente o peche de centros e aulas, “esquecendo” as necesidades dunha educación pública de calidade. Sinalou que precisamente o centro de Brión atópase “paralizado pola incapacidade da Xunta de atopar unha solución, reducindo o profesorado e a capacidade dunha oferta educativa de calidade”.

Saudou o esforzo dos pais e nais e dos alumnos de Brión, que están demostrando un “traballo intenso sen facer ruído pero con argumentos sólidos e cargados de razón”, conscientes de que “cando defenden ao centro de Brión defenden á educación pública de tódolos galegos e galegas”.

Contrapuxo a “aposta clara” do PSdeG pola educación pública de calidade e en igualdade de condicións, e lembrou que foi o goberno de Touriño o que implantou a gratuidade dos libros de texto, que foi suprimida polo PP. O mesmo PP, dixo, do conselleiro de Educación que “abandonou a última Conferencia Sectorial en canto o Ministerio plantexou a redución do número de alumnos por aula e as horas lectivas”.

O secretario xeral do PSdeG comprometeuse a que “todos os nenos e nenas que acudan á escola pública poidan dispoñer de libros de texto, e que as familias non teñan que soportar o sobrecuste de material de setembro”.

Parlamento

O líder dos socialistas galegos acudiu a esta visita acompañado polo portavoz do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga, quen anunciou o debate na próxima sesión plenaria do Parlamento dunha interpelación sobre a redución da oferta educativa nos concellos. Sinalou que a situación de Brión é unha constante en moitas localidades que se están a coñecer estes días, como Santa Comba ou Allariz.

Anunciou que a interpelación será complementada no Parlamento cunha moción para acadar unha “solución positiva” a estas demandas para “reforzar o sistema educativa e recuperar a súa función de ascensor social e garantía de futuro en igualdade para todos e todas”. Advertiu que “non estamos dispostos a admitir a redución da calidade educativa xustamente porque hai máis nenos” nestes concellos.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04