Categorías: ActualidadeParlamento de Galicia

Gonzalo Caballero sinala que Feijóo “recoñece pola vía dos feitos os seus fracasos” en Educación e Sanidade pero mantén á conselleira de Política Social como “muro de contención” fronte á comisión de investigación sobre as residencias

O líder do PSdeG reproba que Educación non manteña “identidade propia” como consellería específica e subliña a “supresión sen pudor” de Industria do organigrama do goberno galego

Santiago, 7 de setembro de 2020. O voceiro parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, incidiu hoxe en que os cambios nas consellerías de Sanidade e Educación supoñen “un recoñecemento pola vía dos feitos do fracaso” na xestión, ao tempo que criticou que Feijóo optara pola continuidade á fronte de Política Social para utilizar á conselleira como “muro de contención” ante a petición de creación dunha comisión de investigación que afonde no acontecido nas residencias de maiores durante a primeira vaga da covid.

Ademais, o líder socialista lembrou que Feijóo vén de “restar peso político” a Alfonso Rueda, que queda “debilitado” ao desaparecer como único vicepresidente despois de ser “o responsable de coordinar o traballo e a xestión da pandemia. Esta nova “rectificación” de Feijóo, afondou, é unha mostra máis da asunción do “fracaso” da Xunta nos eidos fundamentais da loita contra a covid.

“Todo aquelo que dixo Feijóo estes meses era unha farsa”, concluíu Gonzalo Caballero, quen desexou agora “todos os acertos ao novo goberno” fronte á complexa situación á que terá que facer fronte. Iso si, cuestionou a “continuidade” da maior parte dos conselleiros dun goberno “esgotado” nun momento no que fan falla “novos proxectos e ideas” para a reconstrución.

A maiores, o secretario xeral do PSdeG criticou que o departamento de Educación non manteña “identidade propia”, toda vez que volve estar vinculada a Cultura.  “Semella que queren esconder Educación nun momento no que os pais e as nais estamos moi preocupados”, censurou, ao tempo que considerou unha decisión carente de “lóxica” que Turismo pase agora a mans da consellería de presidencia.

Así mesmo, xulgou como outra “mala” noticia ”a supresión sen pudor” da carteira de Industria do executivo galego. “Tras once anos de fracasos e ausencia total de políticas industriais, desaparece xa de forma pública e notoria ata o nome de Industria nesta nova estrutura”, lamentou Gonzalo Caballero. Con esta decisión de Feijóo, afondou, xa non queda “nin un atisbo” da “nula” importancia que o goberno popular lle outorga as competencias en materia industrial.

En paralelo, o dirixente socialista censurou que para o PP a Igualdade non sexa máis que “un apéndice”, ao situar esta materia xunto a Emprego.

“CAMBIO DE CROMOS”

Neste escenario, Gonzalo Caballero reclamou que os cambios levados a cabo “non se limiten a un cambio de cromos con claves do PP”

Así, remarcou o socialista, fan falla novas políticas de emprego en Galicia trala perda de 70.000 ocupados mentres en España se creaban 650.000; e fai falla apostar polos servizos públicos.

Ao fío diso, recordou que o novo conselleiro de Sanidade, ata o de agora xerente da área sanitaria de Vigo, foi “o responsable de cesar” a unha xefa de servizo por denunciar a falta de material de protección e a necesidade de usar máscaras no hospital e nas consultas. Caballero propuxo unha política de fortalecemento da sanidade pública e desexou “os maiores acertos” ao novo responsable da política sanitaria.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08