Categorías: Actualidade

Gonzalo Caballero reclama “medidas activas” en defensa do rural fronte ao “abandono” do Goberno galego

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, acusou hoxe a Feijóo de ter consolidado a “Lexislatura do abandono e do esquecemento do rural”. Caballero encabezou a delegación dos socialistas galegos na mobilización convocada polo sindicato Unións Agrarias en Compostela para a defensa do rural galego.

O líder dos socialistas galegos acusou ao presidente da Xunta de terse limitado a presentar “anuncios de propaganda” para agochar a súa “inacción e incompetencia” no “desenvolvemento dunha parte do país fundamental para a Galicia do futuro”. As políticas do goberno galego, dixo, “teñen fracasado á hora de establecer solucións para o medio rural”.

Reivindicou “unha aposta de calado para o futuro do sector primario, para que poida recuperar o dinamismo e a acción económica e social que lle corresponde e que é fundamental para entender a Galicia actual”.

Incendios

Gonzalo Caballero sinalou neste sentido que as medidas anunciadas onte polo presidente da Xunta para facer fronte aos incendios forestais supoñen “parches, un plantexamento propagandístico”. Trátase, dixo, de propostas “de aparencia que non afondan no problema e non ofrecen unha solución integral e transversal” ás necesidades dunha política forestal que aborde a prevención de incendios.

Criticou que presenten agora estas medidas logo de constatar que “non cumpren coa normativa existente” en materia de prevención e ordenación do monte galego con consecuencias tráxicas como as da vaga de lumes do pasado mes de outubro.

O responsable socialista encabezou a delegación do PSdeG en apoio desta mobilización convocada polo sindicato UU.AA. na que participaron unha ampla representación do Grupo Parlamentario, así como de cargos institucionais e orgánicos dos socialistas galegos.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04