Categorías: Actualidade

Gonzalo Caballero reclama “abrir unha páxina de diálogo e acordo” para unha reforma do estatuto de autonomía que “blinde novos dereitos e servizos para a cidadanía galega do século XXI”

Proponlle ao presidente da Xunta a abrir unha Comisión parlamentaria en canto pase a pandemia “con vontade de construír e mellorar os dereitos da xente”

Reivindica o “compromiso galeguista” do PSdeG e empraza ao PP a “abandonar o uniformismo e separarse de Abascal e de Ayuso” e ao nacionalismo a “demostrar que son o BNG do si”

O portavoz do Grupo Socialista, Gonzalo Caballero, emprazou hoxe a Feijóo a afrontar a reforma do Estatuto de Autonomía de Galicia “a medida que pasemos o peor da pandemia”. Así o dixo na sesión de control ao presidente, na que emprazou a recuperar o espírito do Estatuto do 81 e “abrir unha páxina de diálogo” que permita adaptar o Estatuto ás necesidades do século XXI.

O responsable socialista confirmou o “compromiso galeguista” do PSdeG e propuxo abrir unha Comisión en sede parlamentaria “con vontade de construír”. Emprazou ao PP a “abandonar o uniformismo, separarse de Abascal e de Ayuso e apostar polo Estatuto de Autonomía”, e sinalou ao nacionalismo galego para que “amosen que é o BNG do si e que abandonan outras teses, como ten dito a súa voceira nacional”.

Urxiu a pechar un “novo contrato social” que permita “incorporar unha carta de servizos públicos básicos que dean dereito á igualdade en todo o territorio”. Sinalou á necesidade de incorporar “novos dereitos e adaptar a administración aos novos tempos en materia de servizos públicos, igualdade, feminismo, loita contra a violencia machista, novos dereitos vencellados ao medio ambiente e á sustentabilidade, as novas TIC e actualizar a arquitectura institucional de Galicia”.

En resposta ao argumento de Feijóo, que sinalou o suposto escaso interese social na reforma do Estatuto, explicou que “a refotma estatutaria é útil” para dar solucións aos problemas da xente e para afrontar as novas necesidades en materia de sanidade pública, educación, política social, dependencia, os problemas para atopar emprego ou o reto demográfico. Estes son, apuntou, “xustamente os problemas que os galegos e galegas amosan en tódalas enquisas”.

Presentou esta proposta coincidindo cos 40 anos do actual Estatuto de Autonomía, que “foi un instrumento para facer unha Galicia mellor” e emprazou a acadar coa reforma “un instrumento para facer unha Galicia mellor nos próximos 40 anos que veñen”. A loita polo Estatuto, dixo, “foi a loita polo autogoberno de Galicia, que uniu aos galegos no 36, no 81, aos que apostaron polo autogoberno en 2007 e necesita en 2021 a aposta dos galegos que queren un autogoberno que sexa útil”.

Gonzalo Caballero sinalou que precisamente agora é “o momento de abordar” a “blindaxe dunha Galicia de vangarda para o Século XXI”, que “fale dos dereitos e dos intereses da xente, das persoas, con modificacións estatutarias útiles para os galegos e as galegas”. Esta blindaxe, dixo, incluirá “tamén o dereito á sanidade no territorio, para que non se volva poder pechar o paridoiro de Verín”,  a modo de exemplo.

Lembrou que no ano 81 “as reticencias para abrir un texto estatutario eran moitas, e conseguiuse buscar o que nos unía máis que o que nos separaba”. Puxo como exemplo que “nos gustaría que se blinden servizos como a Lei de Eutanasia, pero eu sei que no PP pode haber reticencias” a este tipo de cuestións, polo que chamou a “buscar o que nos une para defender os dereitos dos galegos e das galegas do século XXI, con algo que mellorará o benestar da nosa xente”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18