Categorías: Secretaría XeralUncategorized

Gonzalo Caballero reclama á Xunta “un esforzo por mellorar o escudo protector das mulleres” ante o crecemento de casos activos de violencia machista en Galicia no último ano coa covid

O líder socialista advirte a Feijóo da “fenda” que deixa a crise no emprego feminino, posto que hoxe hai menos mulleres ocupadas en Galicia que a primeiros de ano mentres hai máis homes ocupados

O secretario xeral urxe a Feijóo a que “rectifique” a súa decisión de “represaliar, purgar” ao xinecólogo xefe de Verín un ano despois de tentar pechar o paridoiro desta vila

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2020. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, centrou hoxe a pregunta ao presidente nas medidas que ten que despregar a Xunta para apoiar ás mulleres neste contexto de pandemia e, nese sentido, reclamou “un esforzo por mellorar o escudo protector das mulleres”.

Gonzalo Caballero puxo o foco no aumento nun 14% das chamadas ao 016 durante o confinamento, un tempo no cal as denuncias por violencia machista caeron un 13%, e inquiriu a Feijóo sobre as medidas a poñer en marcha dende o goberno galego neste aspecto. Máxime, como dixo, cando en Galicia hai hoxe un 4,3% máis de casos activos por violencia de xénero en relación coa mesma data do ano pasado.

Ao fío diso, o máximo dirixente do PSdeG sinalou que os centros de información á muller son “un dos principais recursos” para atender ás mulleres e lamentou a falla de compromiso da Xunta neste eido. “Hai 136 concellos que aínda non teñen CIM”, apuntou, para recriminar a Feijóo que dende a súa chegada ao goberno galego só abriron “seis” instalacións deste tipo.

“O compromiso a prol da igualdade e contra a violencia de xénero non é cousa só discursos, é aplicar políticas e medidas. E en Galicia pódese facer máis, e mellor”, remachou Gonzalo Caballero, consciente de que o orzamento da Xunta para ano que vén consigna menos fondos para igualdade que nas contas de 2009, as últimas do goberno progresista liderado por Emilio Pérez Touriño. “A pesares de que o Pacto de Estado destina a Galicia oito millóns de euros”, engadiu.

“FENDA” NO EMPREGO

Ademais, o líder dos socialistas galegos profundou na “fenda” que deixa a crise no emprego feminino, posto que hoxe hai menos mulleres ocupadas en Galicia que a primeiros de ano mentres o número de homes traballando viuse incrementado no mesmo período.

Ao tempo, advertiu de que os recortes nos servizos sociais fan que esa labor acabe recaendo nas mulleres e, precisamente por iso, criticou Gonzalo Caballero que a Xunta pretenda suprimir o servizo de axuda no fogar extraordinario.

E, tras sinalar que vítimas de violencia machista están tendo que agardar ata 12 días por unha praza na casa de acollida en Vilagarcía, como se publicou, reclamou a Feijóo “máis compromiso” nesta materia.

Despois de afear a Feijóo que “non queira falar dos problemas de Galicia con espírito construtivo”, Gonzalo Caballero deixou claro que”o Partido Socialista sempre estará na defensa da causa feminista e das mulleres”.

VERÍN

Ademais, o líder do PSdeG aproveitou para esixir a Feijóo que “rectifique” a súa decisión de “represaliar, purgar” ao xinecólogo xefe do hospital de Verín a través dun expediente coa ameaza de inhabilitación.

“Hai un ano tiveron que rectificar a súa decisión de pechar o paridoiro de Verín”, recordou Gonzalo Caballero, para censurar que “hoxe vemos a peor cara do PP” con esta decisión.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18